|
GA
Escudo Concello de Vigo

Información Crisis Coronavirus Covid-19

Noticias municipales Covid-19

Lista de noticias

Noticias

2021-04-09. O Concello establece un dispositivo policial de apoio á vacinación

Foto noticia
O alcalde explicou en rolda de prensa este venres que as patrullas da Policía Local están supervisando o tráfico no Ifevi e controlando as prazas de aparcamento reservadas para a vacinación nos centros de saúde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-04-08. O Concello inviste 2,2 millóns de euros na humanización de García Barbón, entre Rosalía de Castro e Isaac Peral

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar a contratación das obras do proxecto de humanización da rúa, que ten un prazo de execución de oito meses e que supoñerá unha renovación completa. Aprobou tamén indemnizacións por máis de 263.000 euros pola suspensión de contratos motivada pola situación de pandemia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-04-08. A FEMP defende que os concellos participen por riba dun 15% en fondos europeos

Foto noticia
Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro coa secretaria de Estado de Enerxía, Sara Aagesen, no lle trasladou a "vocación de interlocución directa" das entidades locais co Goberno. Na súa opinión, os concellos van conseguir unha participación máis homoxénea na xestión de fondos europeos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-04-06. O prazo para presentar suxestións á ordenanza de terrazas remata o 14 de abril

Foto noticia
O Concello segue a tramitar a ordenanza de terrazas e recollerá suxestións cidadás ata o 14 de abril. A partir dese momento, comezará a redacción dun texto que prevé adaptar a actual normativa á nova situación sanitaria mantendo a taxa cero por ocupación da vía pública (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-04-05. O goberno de Vigo reserva aparcamentos gratuítos para os que acudan a vacinarse contra o Covid

Abel Caballero informou este luns da decisión de habilitar prazas de estacionamento de balde para aqueles que se despracen a ser pinchados contra o coronavirus. Haberá espazos na Doblada, Coia, Pizarro, Pintor Colmeiro, Lavadores, Navia, Rosalía e Teis. O alcalde instou á Xunta a quitar o pago tamén no Cunqueiro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-03-26. O alcalde propón os comedores sociais e o persoal social municipal como Vigueses Distinguidos 2021

Abel Caballero quere recoñecer con este galardón o labor desenvolvido desde o inicio da pandemia polos comedores, que prepararon máis de 65.000 menús, e o esforzo do persoal municipal da área de Benestar Social que atendeu as necesidades que foron xurdindo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-03-26. O Concello reparte este sábado outras 20.000 máscaras faciais nos mercados municipais

Hixiénicas e reutilizables ata os dez lavados, segundo informou o alcalde, a entrega comenzará desde as 10:30 horas nas prazas do Calvario, Teis, Travesas, Bouzas, Progreso, Cabral e o Berbés. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-03-22. A FEMP pide a xestión directa dos fondos europeos para a cultura e o deporte

Foto noticia
Ministerio e Federación abrirán un canal de comunicación que permita avanzar na definición do modo de prantexar a xestión de proxectos nese ámbito. Caballero valorou moi positivamente as reunións celebradas con membros do Goberno e recordou próximos encontros con vicepresidencias e secretarías de Estado. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-03-22. Caballero e Iceta coinciden na necesidade de reforzar a presencia local nas conferencias sobre fondos europeos

Foto noticia
O presidente da FEMP mantivo un encontro co ministro de Política Territorial e Función Pública, Miquel Iceta, no que acordaron fixar unha data para tratar, coa Xunta de Portavoces da Federación, o volume de recursos do Ministerio que se asignarán aos Concellos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-03-18. O Concello retoma a desinfección de 68 parques infantís e 35 áreas biosaudables

Foto noticia
O alcalde deu conta esta mañá da contratación dun servizo de desinfección covid que permitirá manter abertos 68 parques infantís, 35 áreas biosaudables e 11 áreas deportivas. O importe deste servizo é de 99.944 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)