Actualidad
Fecha de publicación: 31-07-2026
Fecha de inicio: 20-07-2026
Fecha de fin: 12-08-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral as AFECCIÓNS A MOBILIDADE CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO O MARISQUIÑO 2026, AFECCIÓNS A MOBILIDADE Con motivo da celebración do O Marisquiño 2026 a celebrar en distintos puntos da cidade nas datas 6-9 de agosto, autorízanse as seguintes ocupacións coas seguintes condicionantes:
Zona praia de Samil: Horarios do evento 6/08/2026 de 10:00-22:00 e 7-8-9 de 10:00-03:00
Conta con autorización da Xunta de Galicia de data 26/06/2026 para a ocupación da zona de servidume de protección do dominio público maritimo-terrestre nos aparcadoiros 2, 3 e 4 da praia de Samil.
Informase favorable a ocupación da calzada da Av Samil entre a glorieta da rúa Argazada e a baixada a Praia da Fonte para a montaxe das probas de BIGJUMP e MOTOCROS, coas seguintes fases de restricións o tráfico: Retirada de estacionamento no tramo da montaxe dende o 28/07
Dende o 28/07 ata 03/08 habilítase un carril de circulación polo lado mar para o tráfico xeral dende Samil sur cara a Samil norte e Avda. Atlántida. O tráfico xeral procedente de Avda. Atlántida dende Samil norte e cara a Samil sur, desvíase polo Camiño Fontes cara a rúa Argazada (prohibido máis de 5,5 t). O transporte público accederá dende Avda. Atlántida cara a zona sur de Samil con axuda de sinalistas polo carril habilitado no lado mar.
Dende 04/08 ata 06/08 habilítase un carril de circulación polo lado mar exclusivo para o transporte público dende Samil sur cara a Samil norte e Avda. Atlántida. O tráfico xeral procedente de Avda. Atlántida dende Samil norte e cara a Samil sur, desvíase polo Camiño Fontes cara a rúa Argazada (prohibido máis de 5,5 t). O transporte público accederá dende Avda. Atlántida cara a zona sur de Samil con axuda de sinalistas polo carril habilitado no lado mar ata que a montaxe o permita. Corte de tráfico na glorieta de Argazada cara a Bouzas e Avda. Atlántida polo que para circular cara Bouzas, recomendase dirixirse por Avda. De Europa e a VG-20.
Dende 07/08 ata 09/08 habilítase un carril de circulación polo lado mar exclusivo para Emerxencias dende Samil sur cara a Samil norte e Avda. Atlántida. O tráfico xeral procedente de Avda. Atlántida dende Samil norte e cara a Samil sur, desvíase polo Camiño Fontes cara a rúa Argazada (prohibido máis de 5,5 t); o transporte público procedente de Bouzas dará a volta no cruce da Avda. Samil con Camiño Fontes. Corte de tráfico na glorieta de Argazada cara a Bouzas e Avda. Atlántida polo que para circular cara Bouzas, recomendase dirixirse por Avda. De Europa e a VG-20.
Para desmonte a partir do 10/08/2025 irase facilitando a mobilidade o ritmo da desmonte
Informase favorable a ocupación do aparcadoiro número 2 de Samil e antiga zona de venda ambulante para montaxe da estrutura do SKATE e BMX nas seguintes datas e garantindo o funcionamento, agas puntualmente, das prazas de persoas con mobilidade reducida existentes:
20/07 as 22:00 peche do aparcadoiro. Manteranse, con carácter xeral, operativas as prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida (PMR) durante todo o período de ocupación, agás nos labores de carga e descarga de camións, previstos os días 20, 21, 22 e 23 de xullo, así como os días 12, 13 e 14 de agosto, nos que poderán verse afectadas de forma puntual., contará con persoal a cargo da organización para garantir este servizo.
16/08 as 8:00 apertura do aparcadoiro
Informase favorable a ocupación da pista de patinaxe para a montaxe das probas do Marisquiño BREAK e FLATLAND na pista de baloncesto dende o día 30/07 ata 12/08
Informase favorable a ocupación da zona verde entre o aparcadoiros 2 e 3 para montaxe de postos de restauración GASTRO, MARKET, GRAFFITI dende o 03/08 ata o 12/08. Accesos antes das 10:00
Informase favorable a ocupación da zona verde entre o aparcadoiros 3 e as canchas de baloncesto para montaxe de ESCENARIO SECUNDARIO e PELEXA DE GALOS dende 03/08 ata o 12/08.
Informase favorable a ocupación do espazo das canchas de baloncesto para o campionato de baloncesto 3x3 dende 03/08 ata o 12/08.
Informase favorable a ocupación do aparcadoiro 4 para a montaxe e celebración dos concertos no ESCENARIO PRINCIPAL dende o 03/08 ata o 15/08
Informase favorable a ocupación das seguintes prazas de estacionamento para cubrir a necesidades loxísticas do evento 03/08 ata 12/08. 3 prazas a cada lado de dos aparcadoiro 3 para accesos a zonas verdes 10 prazas en batería no aparcadoiro 10 Casa das Palabras pra unidad movil de Telefónica 3 prazas en batería no aparcadoiro 10 xunto a Casa das Palabras 4 prazas en batería, máis próximas a Avda. De Europa na parcela municipal con referencia catastral 8935848NG1783N-1-DG, entre o 06/08 e o 11/08
Informase favorable durante a celebración do evento a sinalización do tramo do paseo diante do evento como paso de emerxencias e evitar aglomeración de persoas. Este paseo debe contar con apoio de voluntariado ou persoal do evento.
Informase favorable durante a celebración do evento a sinalizar un espazo de 2m no areal pegado o muro do paseo como percorrido alternativo ao paseo. Este corredor será delimitado con postes de madeira e cinta.
Informase favorable a desmonte de mobiliario e valado necesario para as diferentes montaxes quedando baixo a responsabilidade do Marisquiño a reposición do estado inicial o remate do evento.
Informase favorable o movemento de material dende o Museo Verbum e o aparcadoiro n1 mediante carretilla elevadora matriculada sempre con axuda de sinalistas para parar o tráfico no momento de cruzar a Av Samil.
Descenso urbano: Sábado 8 de agosto entre a zona exterior fortaleza de o Castro e a praza do Centro Comercial A Laxe.
Informase favorable a montaxe de elementos no percorrido para o descenso dende o 06/08 as 8:00 h ata o domingo 09/08 as 13:00 h
Montaxe: xoves 06/08 de 08:00 a 20:00 e venres 070/8 de 08:00 a 15:00 h
Desmonte: sábado 08/08 de 19:00 a 21:00 e domingo 09/08 de 09:00 a 13:00 h
Horarios de celebracion do Descenso urbano o día sábado 08/08:
Adestramentos entre as 10:00-13:30
Competición entre as 16:00-18:30
Comunicase aos locais afectados a necesidade de ter libre a rúa durante a celebración da proba nos horarios de adestramentos e competición
Afeccións a mobilidade:
Reserva de estacionamento no Paseo dos Cedros o día do descenso sábado 08/08 dende as 08:00 h. Sinalizarase con 48 de antelación
Retirada de estacionamento en batería da parte baixa do Paseo Rosalía de Castro, Paseo de Alfonso e Elduayen o día da proba.
Corte de tráfico excepto bus urbano na rúa Camelias entre as rúas Marqués de Alcedo e Av de Hispanidade nos horarios de adestramentos.
Corte de tráfico total na rúa Camelias entre as rúas Marqués de Alcedo e Av de Hispanidade nos horarios de competición.
Corte de tráfico no Paseo de Rosalía de Castro na parte alta da coroa de O Castro nos horarios de adestramentos e competición.
Corte do acceso a Paseo Cronista Xosé M. Álvarez Blázquez nos horarios de adestramentos e competición. - Corte de tráfico das rúas de acceso ao percorrido no Casco Vello Alto e Baixo nos horarios de adestramentos e competición.
Corte de accesos peonís nas rúas do percorrido: Muralla de O Castro, cruce da rúa Camelias, Praza do Rei, Paseo de Alfonso, Elduayen, San Vicente, Caracol, Méndez Nuñez, Praza da Igrexa, Praza da Pedra, pasarela cara o CC A Laxe a Praza do CC A Laxe nos horarios de adestramentos e competición.
Corte de tráfico rúa Mendez Nuñez, Praza da Igrexa e Praza da Pedra o xoves 6 de 08:00 as 20:00 e o sábado 8 de 08:00 as 15:00 para montaxe de estrutura.
Prohíbese o acceso peonil á Praza do Rei pola pasarela metálica durante a montaxe e desmonte Park de Navia Informase favorable a ocupación deste espazo para a celebración da FAMILY DAY TALLERES o día 07/08. Instalación de dúas carpas de 3x3 metros en horario de 08:00 a 20:00 h.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Ayuntamiento de Vigo
Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100