Actualidad

Avisos

Paseo literario "Polo Vigo de Rosalía\" (non é necesaria inscrición previa)

Temática: Normalización Lingüística

Fecha de publicación: 22-02-2018

En Santiago de Compostela, no Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro), nacía o 24 de febreiro de 1837 María Rosalía Rita, figura sobranceira das nosas letras, do noso renacer como pobo, feminista, intelectual e defensora da terra e lingua de noso.

O Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos").

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un paseo literario Polo Vigo de Rosalía, guiado por Xurxo Martínez González:

Día: 24 de febreiro (sábado)

Punto de encontro/saída: oliveira do Paseo de Alfonso XII ás 11 horas

Non é necesaria inscrición previa

Vigo da man de Rosalía de Castro polo Casco Vello de Vigo levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista.

Valoraremos o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura; descubriremos os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de "Cantares gallegos".

Pasearemos polas prazas do Peñasco e da Constitución, polas rúas Chao, Real, Oliva... Deterémonos diante da imprenta de Compañel, da biblioteca pública, da imprenta do Faro de Vigo, da sede do goberno provincial...

Un paseo polo Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural.

Documentación

 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100