Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Actualidade en RSS

O RSS é un método fácil de recibir avisos cando as páxinas web que prefiras publiquen un contido novo. Deste xeito, en lugar de visitar unha páxina web para buscar novas noticias e atoparche con que non houbo ningún cambio, o RSS avísache automaticamente cando hai información nova e, ademais, permite agrupar todas as fontes de información que che interesen para consultalas desde unha única pantalla de computador.

O Concello de Vigo publica en formato RSS os contidos de varias seccións. Podes subscribirche ás distintas canles mediante os seguintes enlaces:

Outros RSS de interese:

Métodos para a lectura de canles RSS

Para utilizar RSS, requírese ter instalado unha aplicación de "lector de noticias" (news reader), que agrupa todas as fontes das noticias ás que che subscribes e permite consultar os seus titulares desde un único sitio.

Unha vez escollas o lector de noticias desexado, só necesitas subscribirche ás fontes de información que che interesen. Para facelo, hai que obter a dirección web (URL) da fonte de información RSS e copiar o enlace que aparece no campo dirección URL do navegador da páxina á cal queres subscribirche e seguir as instrucións do lector de noticias.

A continuación móstranse varios tipos de aplicacións existentes para a lectura de fontes RSS:

  • Mediante clientes RSS: programas que lle permiten usar directamente os nosos ficheiros de datos e velos no seu computador persoal (FeedReader , FeedDemon, RssReader, RssXpress, NewsMonster).
  • Navegadores e xestores de correo como Mozilla Firefox, Internet explorer 7, Opera, Thunderbird, etc. inclúenos nos seus programas como servizo de valor engadido ao usuario. Permiten subscribirse directamente a unha canle ou mediante extensións que amplían as súas funcionalidades.
  • Lectores online. Non necesitan de instalación por parte do usuario. Adoita bastar con darse de alta para poder utilizalo (Google Reader, Mi Yahoo!, Bloglines, Netvibes).