Escudo Concello de Vigo

Servizos cidade

Policía Local

Policía Local

  • Enderezo: Praza do Rei, 1.
  • Email: policialocal@vigo.org
  • Email só para trámites de oficina (contenedores, mudanzas, transportes especiais, tarxeta discapacitados, XER): admplv@vigo.org
  • Horario de oficina: Luns a venres de 6:30 a 14:30 horas.
  • Teléfonos:
    • Emerxencias: 092 / 986 810 101
    • Oficina: 986 810 286
    • Academia: 986 810 123
    • Educación Vial: 986 810 314 - Móvil 648 188 706
    • Gabinete de Atestados: 986 810 273
    • Relacións Cidadás: 986 810 307
    • Xefatura Balaídos: 986 233 002

Funcións

Segundo o Artigo 53 da Lei Orgánica 2/1986 de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, os corpos de policía local deberán exercer as seguintes funcións:

  • Protexer ás autoridades das Corporacións Locais e vixilancia ou custodia dos seus edificios e instalacións.
  • Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no centro urbano, de acordo co establecido nas normas de circulación.
  • Instruír atestados por accidentes de circulación dentro do centro urbano.
  • Policía administrativa no relativo ás Ordenanzas, Bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
  • Participar nas funcións de policía xudicial, na forma establecida no articulo 29.2 da Lei Orgánica 2/86.
  • A prestación de auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas Leis, na execución dos Plans de protección Civil.
  • Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración establecido nas Xuntas de Seguridade.
  • Vixiar os espazos públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía das Comunidades Autónomas na protección das manifestacións e o mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexan requiridos para iso.
  • Cooperar na resolución de conflitos privados cando sexan requiridos para iso.

Servizos específicos

  • E.V.A.P.

    O Equipo de Vixilancia e Apoio Policial creouse para a participación da Policía Local de Vigo en funcións de control e seguimento de "Órdenes de afastamento" ditadas polos órganos xudiciais para a protección das vítimas de violencia de xénero.

  • Servizo de Costa e Praia.

    O equipo de Seguridade Costa e Praia realiza o seu servizo nos nosos areais co obxectivo de prestar un servizo de calidade ao cidadán.