Escudo Concello de Vigo

Negocios

Pazo de Congresos

O Auditorio - Pazo de Congresos " Mar de Vigo " , en pleno corazón do Porto de Vigo, atópase entre os grandes asteleiros e o porto pesqueiro. De fondo, a Ría de Vigo e os seus fieis centinelas: as Illas Cíes.

O trobador medieval Martín Códax dálle nome nunha  “ cantiga de amigo”  que comeza así...

“Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo? ”

E é  que o mar de Vigo vertebra o edificio: os ollos de boi , as súa formas onduladas, as cores marinas... Granito, pizarra, madeira e metal armoniosamente combinados polo seu autor, o arquitecto César Portela.

Construido sobre a antigua empresa pesqueira "Casa Mar", dispón dunha maxestuosa entrada, unha sala principal para 1.500 espectadores, varias salas multiusos, cafetería e restaurante, o Hotel Carrís Beiramar 4* , unha gran plaza pública e unha espectacular azotea con vistas ao Porto e á Ría.

As súas modernas instalacións convirten á nosa cidade, emprendedora e cosmopolita, nun lugar perfecto para a organización e acollida de calquera encontro.

Ahora máis que nunca, o mar, lonxe de separarnos, únenos.

 

Contacto:

  • Enderezo: Avda. de Beiramar, 59 CP 36206
  • Teléfono: 986 137 940
 
 

Concello de Vigo - Praza do Rei 1 - 36202

Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986810100