Escudo Concello de Vigo

Bombeiros

Noticias de bombeiros e seguridade

Lista de noticias

Noticias

16/05/2013. Caballero visitou a nova sala de formación da Policía Local, na que o Concello investiu 46.000 euros

Foto noticia
O alcalde de Vigo fixo este xoves unha visita ás dependencias da Policía Local para coñecer a nova aula de formación dos axentes e outras melloras realizadas, por exemplo nos vestiarios. A nova sala triplica as prazas dispoñibles e permitirá a realización este ano de 27 cursos de formación, especialización e actualización. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

13/05/2013. A Policía Local de Vigo recibiu unha media de 70 chamadas ao día no ano 2012

Foto noticia
A central de comunicacións da Policía Local recibiu ao longo do ano pasado unha media de 70 chamadas ao día. A maior porcentaxe de chamadas responde a motivos de seguidade cidadá e os días con máis inicidencias son os venres e os sábados, tal e como detallou en rolda de prensa, o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

08/05/2013. Unha campaña do Concello revela que o 86% das cadeiras para menores nos coches cumpren a normativa

Foto noticia
O concelleiro de Seguridade, Carlos Font, fixo balance dunha campaña informativa realizada pola Policía Local en 229 vehículos, que evidencia que o 14% do total non cumprían coa norma legal aplicable aos Sistemas de Retención Infantil (SRI). O edil invitou a centros escolares e asociacións a solicitar un curso informativo que ofrece o Concello ao respecto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

12/04/2013. O goberno local iniciará a construcción do novo Parque de Bombeiros de Vigo en Teis

A Xerencia de Urbanismo modificou o uso dotacional da parcela na que se sitúa o Parque de Bombeiros de Teis o que facilitará a construcción de novas intalacións. Así o avanzou o rexedor, quen engadiu que existe xa consignada unha partida de 800.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

11/04/2013. O Concello programa con entidades viguesas actividades para promover o uso da bicicleta

Foto noticia
O alcalde, Abel Caballero, presentou hoxe xoves o programa previsto para a celebración do Día Mundial da Bicicleta, que terá lugar o 20 e 21 de abril, en colaboración con A Golpe de Pedal e a ONCE, entre outras entidades colaboradoras. O obxectivo é promocionar o transporte sostible e os hábitos de vida saudables. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

13/02/2013. O alcalde pon en valor as fotografías do policía local que percorreu o mundo coa súa cámara

Foto noticia
Abel Caballero mantivo hoxe mércores un encontro co policía local Miguel Selas para coñecer o proxecto fotográfico Into de world. Ese funcionario municipal percorreu o mundo retratando distintas vidas e sociedades con imaxes que xa expuso, con moito éxito, na Casa da Xuventude. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

01/02/2013. O Concello colabora nunhas xornadas de Educación Vial no IES Rosais II con María de Villota

Foto noticia
Abel Caballero e e a ex piloto María de Villota participaron hoxe venres nunhas xornadas de Educación Vial que o Hospital Vithas organizou para os alumnos do IES Rosais II. Durante a charla, enfatizouse a importancia da prevención e do respecto ás normas á hora de cruzar ou conducir. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

29/01/2013. Expertos europeos visitan a sala de tráfico do Concello dentro do proxecto Compass4D

Foto noticia
Os concelleiros de Tráfico e Fomento, Carlos López Font e David Regades, respectivamente, foron hoxe martes os encargados de mostrar a sala de tráfico do Concello a uns 50 expertos internacionais en mobilidade. Esta visita se enmarca dentro do proxecto europeo Compass4D que busca reducir a contaminación e mellorar a circulación nas cidades. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

28/01/2013. Vigo participa nun proxecto internacional de mellora do tráfico de 2,5 millóns de euros

Foto noticia
Abel Caballero avanzou a participación de Vigo en Compass4D, un proxecto internacional de mellora do tráfico nas cidades en colaboración con outros 6 países europeos. Nesta iniciativa, dotada de 2,5 millóns de euros, participa o Concello e outras empresas de transporte da cidade, como Vitrasa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

22/01/2013. O goberno local habilitará 600 aparcamentos gratuitos en Navia e priorizará aos residentes

Foto noticia
O alcalde anunciou este martes que o Concello iniciará de inmediato as obras para crear 597 novas prazas de aparcamento no entorno de Teixugueiras, empregando principalmente espacios entre edificios. Caballero apuntou que un número "importante" destes estarán reservados para residentes en Navia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 
 

Concello de Vigo - Praza do Rei 1 - 36202

Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986810100