Xerencia Municipal de Urbanismo

Rexistro Municipal de Soares

O Rexistro Municipal de Soares do Concello de Vigo ten como finalidade a inscrición no mesmo de aqueles soares que incumpran o deber de edificar e de aquelas edificacións que incumpran o deber de conservación, unha vez constatado que as medidas de execución forzosa ditadas resulten ineficaces.

A Ordenanza do Rexistro Municipal de Soares foi aprobada definitivamente polo Pleno do Concello de Vigo en sesión do 30 de maio de 2018 e publicada no BOPPO n° 113 do 13 de xuño de 2018 (expediente 185/408).

Primeiro programa de edificación forzosa do Concello de Vigo. Expediente 259 - 408

O  primeiro programa de edificación forzosa do Concello de Vigo (en adiante, PPEF) foi aprobado con carácter definitivo polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 11 de abril de 2019 e publicada no BOPPO n° 87 do 08 de maio de 2019,

Con este primeiro programa búscase consolidar a estrutura urbana existente nas zonas históricas, ensanche e os barrios tradicionais desta cidade, mediante a edificación de soares que se atopan valeiros co fin de completar a trama urbana nestes ámbitos e mellorar a súa imaxe, con carácter moi prioritario.

Por outra banda, deixase aberta a posibilidade de inclusión no programa doutros ámbitos determinados especialmente deteriorados e de dimensións máis reducidas, co obxecto exclusivo da necesaria renovación urbana.

Todo isto axudará a revitalizar as zonas afectadas mediante a creación de novas actividades económicas, residenciais, comerciais e a mellora dos espazos urbanos.

Listaxe dos 24 soares incluidos no PPEF

  • Aprobación das fichas descritivas de oito soares incluídos no PPEF.
  • Co fin de iniciar a execución e desenvolvemento do dito PPEF, foron elaboradas e aprobadas as fichas descritivas de oito soares incluídos no programa, e dispor dunha información clara e polo miúdo de cada inmoble.

     

    Concello de Vigo

    Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100