Escudo Concello de Vigo

Bombeiros

Trámites de Bombeiros

Lista de trámites

Solicitude / Autoliquidación de Partes de Servizo de Extinción de incendios (Bombeiros)

Prestación do servizo de elaboración dos informes / partes con actuación do servizo de extinción de incendios (bombeiros).

Taxas pola Prestación de Servizos de Prevención e Extinción de Incendios, Prevención de Ruinas de Construcións, Salvamentos e outros Análogos

Poderase esixir esta taxa pola prestación dos seguintes servizos:

a. Extinción de incendios de toda clase, realizada polo servizo Municipal con persoal e material do mesmo.

b. Prevención de incendios, ruínas e outros riscos graves e inminentes para persoas e bens.

c. Auxilios, salvamentos e recuperacións de persoas e bens con ocasión dos servizos sinalados nos apartados anteriores ou doutras situacións de perigo como afundimentos, asolagamentos, explosións, derrubos e cando o soliciten os interesados.