Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Vigo emprega

Programa de inserción laboral municipal “Vigo emprega”

 

  • Enderezo: Rúa Bagunda 1. 36214 Vigo.
  • Teléfono: 986 263 068
  • Fax: 986 253 620
  • E-mail: util.oficina@vigo.org
  • Horario de atención ao público: de luns a venres de 7:30 as 14:30 horas.

Xestión do Programa "Vigo emprega"

Importe estimado destinado ao proxecto: 1.500.000,00 €

Duración: Inicio do proxecto: 07/09/2012

Remate: 06/09/2013

Programa de formación e desenvolvemento dirixido preferentemente á inserción de persoas con especiais dificultades (herdeiro da experiencia da Unidade de Traballo para a Inserción Laboral (UTIL)) xestionado polo servizo de Desenvolvemento Local e Emprego.

 Obxectivo: facilitarlles ás persoas desempregadas con importantes problemas de renda, os medios adecuados para mellorar a súa capacitación profesional e persoal, mediante a realización de actuacións de mellora da cidade, xa que os seus destinatarios son os colectivos en desvantaxe social, respecto a ingresos económicos, e á adquisición de formación e experiencia no mercado de traballo.

Para isto realízanse as seguintes actuacións:

  • Establecemento de contratos de traballo dun ano de duración, acompañados de:

Procesos formativos adaptados ás necesidades dos participantes.

Accións de información e orientación laboral, tanto individuais como grupais.

Prospección empresarial, con acompañamento e inserción no mercado laboral.

"Vigo Emprega 2012"

Contratacións realizadas:

Peón 63
Capataz Albanel 2
Capataz Xardineiro-Forestal 2
Oficial Albanel 15
Oficial Carpinteiro metálico 1
Oficial Conductor 10
Oficial Conductor Palista 1
Oficial Electricista 2
Oficial Xardineiro Forestal 4
Oficial Fontaneiro 1
Total Capataces 4
Total Oficiais 34
TOTAL (na actualidade) 101
Total contratados (finalizaron e renunciaron) 103

Formación impartida:

Un dos puntos básicos do programa e o fundamento para a realización dos traballos en obra. Por este motivo os primeiros 15 días dedicáronse a impartir os seguintes módulos formativos.

Módulo prevención de riscos laborais. (11:00)

  • Formación TEORICA. (8.00 h)
  • Formación teórico/práctica en SINALIZACION DE TRABALLOS NA RÚA. (3.00h)
  • (Obxectivo: que o peón coñeza os sinais de obra e a normativa de sinalización de traballos na rúa.
  • Manexo e mantemento de EPIS. (1.50 h)

Módulo de construcción-Medio Natural.(82 h)

  • Introducción. (16h)

  • Ferramentas manuais, materias.(3 h)
  • (Obxectivo: que o/a peón identifique con claridade e manexe as ferramentas, identifique os materias.)
  • Preparación de morteiros, formigóns e pastas.(3.50h)
  • (Obxectivo: que o/a peón elabore e dosifique morteiros e pastas, facéndo os a man, e con formigoneira e batedora.)
  • Manexo maquinaria de obra e medios auxiliares (3.50h)
  • (Obxectivo: que o/a peón manexe e domine o uso da maquinaria de obra, radial, martelo picador, grupo xenerador, montaxe e desmontaxe estadas.)
  • Implantación e Construción de muros. (8 h)

  • Tabiques e tabicóns de ladrillo.(3 h)
  • (Obxectivo: que o/a peón coñeza e manexa a ferramenta, maquinaria, medios auxiliares e identifique os materiais, repasar os traballos de elaborar os morteiros).
  • Muros de formigón.(2h)
  • (Obxectivo: que o/a peón coñeza os traballos de encofrado e aprenda a realizar traballos de limpeza de paneis de encofrado, transporte e colocación de puntais...)
  • Implantación e nivelacións de obra.(3h)
  • (Obxectivo: que o/a peón coñeza as os traballos de implantación e o seu labor de apoio.
  • Recebos, Alicatados e Pinturas. (8 h)

  • Recebos, revoques, gornecidos e lucidos.(4h)
  • (Obxectivo: que o/a peón coñeza e manexa a ferramenta, maquinaria, medios auxiliares e identifique os materiais, repasar os traballos de elaborar os morteiros).
  • Pinturas, vernices e esmaltes.(4h)
  • (Obxectivo: que o/a peón coñeza os traballos de pintura, manexe as ferramentas, limpeza destas.
  • Construcción de arquetas y saneamento.(3.5h)

  • Construción de arquetas e tubaxes.(3.5h)
  • (Obxectivo: que o/a peón repase os coñeza as ferramentas neste tipo de traballos, realizar traballos de escavación manual, manexo de martelo compresor, na compactadora, e riscos dos traballos con máquina escavadora pá-mixta)
  • Construcción de obras de urbanización. (3h)

  • Traballos con lastro de pedra.
  • (Obxectivo: que o/a peón aprenda o uso do manexo das ferramentas e do material.)
  • Construción de BEIRARRÚAS con bordo de formigón e TERRAZO.
  • (Obxectivo: que o/a peón aprenda e domine todas as técnicas da construción deste tipo de traballos, manexo da radial no corte de baldosa, rexuntado, elaboración de morteiro...)
  • Beirarrúa de formigón. (8 h)

  • Implantación e encofrado de obra.(4h)
  • (Obxectivo: que o/a peón aprenda e coñeza os traballos de encofrado e aprenda a realizar traballos de limpeza das madeiras, estibado....)
  • Acabados e pulido de pavimentos.(4h)
  • (Obxectivo: que o/a peón aprenda o manexo da trolla, esparavel..)
  • Outros Pavimentos.(8 h)

  • ROZADO de xardíns e beirarrúas.(4h)
  • (Obxectivo: que o/a peón coñeza os traballos de roza con rozadoira, restrelado, limpeza con varredoiro, recollido da broza, carga de broza no camión, reciclado de lixo...)
  • Traballos de xardinería.(4h)
  • (Obxectivo: que o/a peón coñeza as ferramentas, sementes, plantas e ademais coñeza como se realizan traballos labra e a sementeira de céspede, preparación do terreo para realizar de traballo de xardinería, algo de coñecemento de identificación de plantas.....)
  • Traballo en Grupo. ( 3.5h).

  • Curso de Capacitación en prevención de riscos laborais para o posto de peón.
  • O primeiro día impartiuse a parte común e o segundo a parte específica cunha duración de 4 horas cada día.