2024-03-19. Caballero explica aos alumnos do Colexio Mariano a importancia da xestión municipal na vida da ciudadanía
Abel Caballero recibiu este martes, no salón de plenos do Concello de Vigo, aos alumnos do Colexio Mariano que participaron no programa didáctico "Vigo por Dentro". O rexedor explicou aos escolares que as decisións que adopta o goberno e a corporación municipal inciden directamente nun número importante de ámbitos da vida da cidadanía. Os alumnos percorreron as dependencias das principais instalacións municipais, como a Sala de Control do Tráfico. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-15. O alcalde dá a benvida a Vigo a alumnado Erasmus de Hamburgo e Polonia
Abel Caballero mantivo un encontro este venres con estudantado e profesorado de bacharelato do IES Politécnico de Vigo que están realizando un intercambio dentro do programa Erasmus+ co centro alemán Wolfgang-Borchert Gymnasium, de Halstenbek en Hamburgo, e co centro VIII Liceum Ogólnokszta?c?ce de Poznan, en Polonia. O rexedor trasladoulles a historia da cidade, a importancia da súa actividade portuaria e industrial e desexoulles unha feliz estadía en Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-15. O goberno local concede 23.228 axudas á familias para os libros de texto por valor de 5 millóns de euros
Abel Caballero informou que xa se procedeu á verificación de todas as solicitudes, que neste segundo bloque beneficiará a 11.617 estudantes. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-08. O Concello aproba os prazos para solicitar unha praza nas 9 escolas infantís municipais
A Xunta de Goberno do Concello de Vigo celebrada este venres aprobou as normas para acceder a unha das 674 prazas das 9 escolas infantís municipais para o próximo curso escolar. O alcalde lembrou a gratuidade da educación de 0 a 3 anos responsabilidade do Concello, que abarca desde a matrícula, aos servizos de comedor e ao de apoio aos escolares con atención educativa, orientación e gabinete psicopedagóxico. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-07. O alcalde anima á mocidade a coñecer as posibilidades das ensinanzas artísticas
O museo Verbum acolleu este xoves a apertura da VIII edición da Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo co obxectivo de visibilizar ensinos menos coñecidos polo estudantado e as súas familias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-02-26. A Corporación urxe á Xunta a renovar as caldeiras máis antigas dos colexios públicos e instalar unhas máis eficientes
A Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns por unanimidade a moción do grupo socialista coa que esixe á consellería de Cultura, Educación, e Universidade que realice os investimentos necesarios nos colexios públicos da cidade para substituír todas as caldeiras de maior antigüidade por unhas máis modernas e eficientes enerxeticamente coas que garantir o desenvolvemento da actividade escolar e o benestar da comunidade educativa. "É necesario un investimento xa nunhas caldeiras máis eficientes e máis sostibles que proporcionen o ambiente adecuado para o desenvolvemento das actividades educativas diarias", reclamou a concelleira de Educación ao lembrar que 6.000 alumnos e os equipos directivos carecen de "confort térmico", pasan frío. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-02-22. Os colexios públicos de infantil terán 355.000 euros para o programa de autoxestión do mantenimento
Abel Caballero anunciou este xoves que a xunta de goberno de Vigo aprobará mañá a axuda de máis de 355.000 euros destinada a colexios públicos de infantil e de primaria para cubrir o custo das reparacións para realizar nas instalacións escolares, así como unha asignación de 1.050.000 euros para a xestión das escolas municipais infantis de Tomás Alonso e Bouzas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-02-16. O Concello aproba a licitación do programa "Vigo en Inglés\"
A Xunta de Goberno deu este venres luz verde á licitación do programa de inmersión lingüística "Vigo en Inglés\" para os anos 2024 e 2025 cun importe total de 6 millóns de euros. O alcalde deu conta deste asunto explicando que o orzamento anual do programa será de 3 millóns de euros e que permitirá enviar a preto de 1.000 estudantes vigueses a estudar inglés ao Reino Unido e Irlanda. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-02-15. O Concello xa pagou as primeiras 11.611 becas de libros
A vindeira semana serán aboadas as seguintes 5.000 axudas e deseguido irán pagándose as restantes becas ás familias viguesas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-02-14. O Concello aproba a concesión das primeiras 11.611 becas de libros
A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á concesión do primeiro bloque das axudas municipais a familias con fillas e fillos matriculados en Educación Primaria, Secundaria, Especial e Formación Profesional Básica. (Ver noticia en xornal.vigo.org)