Escudo Concello de Vigo

Voluntariado (OMV)

Faite voluntario ou voluntaria

Enténdese por persoa voluntaria como toda persoa que serve a unha comunidade ou ao medioambiente por decisión propia ou libre e de xeito desinteresado.

Que tes que facer?

A acollida

  • Informarémosche, orientaremos e asesoraremos a través dunha entrevista persoal.
  • Protocolos a cubrir:
    • Cuestionario persoal
    • Acordo de colaboración do Voluntariado (Concello-Voluntariado).
    • Seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
    • Todos os teus datos quedarán rexistrados e protexidos en base a Lei de Protección de Datos.

A derivación

  • Derivarase en función de:
    • Demanda do voluntario ou voluntaria.
    • Perfil da persoa voluntaria.
    • Necesidades a cubrir.

O seguimento

  • A OMV acompañarache en todo o proceso de voluntariado.
  • Crearemos espazos en común onde teredes a oportunidade de compartir as vosas experiencias e non sentirvos sos.
  • Faremos un seguimento en todo o momento da actividade da persoa voluntaria, a través de chamadas telefónicas, correos electrónicos, correo ordinario, comprobantes de asistencia asinado pola entidades, contacto coa EAV, encontros de formación, encontros lúdicos, web da OMV.