Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Iniciativas Locais de Emprego (ILEs)

A Concellería Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado ten a finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no Concello de Vigo apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais innovadores na cidade de Vigo para o que promove e apoia as “Iniciativas locais de emprego” (ILEs) perante a Consellería de Traballo e Benestar

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia dispón dun programa denominado “Iniciativas locais de emprego” (regulado polo Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, publicado no DOG 18, do 27/07/2000; corrección de erros nº 24, do 4/02/2000), que financia iniciativas innovadoras con efecto dinamizador de actividades económicas e de emprego.

TRÁMITES NECESARIOS PARA OBTER AS AXUDAS E SUBVENCIÓNS DE INICITIVAS LOCÁIS DE EMPREGO.

TRÁMITE 1- CUALIFICACIÓN COMO ILE

Beneficiarios da cualificación como ILE:

  • Empresas privadas resultantes dos ditos proxectos, calquera que sexa a forma xurídica, que se constitúan como tales, nun prazo non superior a un ano, dende que o proxecto foi cualificado como ILE pola Consellería de Traballo e Benestar.

Requisitos dos proxectos para poder ser cualificados como ILEs:

  • -Viables técnica, económica e financeiramente
  • - Xeradores de emprego estable
  • - Apoiados pola Xunta de Galicia ou por administracións locais de carácter territorial desta Comunidade autónoma con sede social e fiscal no seu respectivo territorio.
  • - Que ao constituírse, o cadro de persoal previsto non sexa superior a vintecinco traballadores, salvo que concorran razóns de interese social para o desenvolvemento dunha actividade en zoa determinada.
  • - Empresa privada de nova creación.
  • - Que a produción de bens e servizos este relacionada con actividades económicas emerxentes ou que, dentro dunha actividade tradicional na zona cobre necesidades non satisfeitas na estrutura existente.

Tramitación

Para a obtención das axudas de ILE, previamente o proxecto debe estar cualificado como ILE ante a Consellería de Traballo e Benestar Social.

Para poder a obter dita cualificación é necesario cumprir os requisitos de ILE e achegar a documentación requirida, entre a que se atopa o apoio do Concello de Vigo como administración local de carácter territorial desta Comunidade autónoma. O apoio municipal consistirá na emisión dun informe económico de viabilidade do proxecto xunto co asesoramento na solicitude e información e sobre axudas vixentes, cooperación e apoio para axilizar trámites administrativos de competencia municipal para a súa posta en funcionamento, dar preferencia na concesión de axudas municipais á creación de empresas na súa convocatoria correspondente e nas das PEIM.

TRÁMITE 2- AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Beneficiarios da axudas de ILEs e prazos:

As empresas privadas constituídas e que iniciasen a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten e que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego, e non transcorrese máis dun ano dende a notificación de resolución de cualificación ou, de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos na orde que publicarase anualmente e que estableza as "bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego..." para cada tipo de axuda poderán solicitar a axuda anual correspondente.

Axudas e subvencións:

Subvencións á creación directa de emprego estable.

  • Inclúe a creación de emprego estable de carácter indefinido, incluídos oas das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego e cuxa contía dependerá das condicións da/s persoa/s contratada/s ou autoempregada/s (idade, sexo, o feito de esgotar a prestación por desemprego, o tempo no desemprego, o feito de ser emigrante retornado, pertencer a colectivos con risco ou situación de exclusión social, discapacidade)
  • O importe das ditas axudas reduciranse proporcional cando a contratación sexa a tempo parcial. As contías das axudas fixaranse na convocatoria anual.

Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación:

  • Ata o 50% do custo salarial total das contratacións, incluídas as cotizacións á Seguridade Social ata 12 meses, con topes fixados na convocatoria anual.

 Apoio á función xerencial: para axudar o equipo promotor ou empresarial na toma das decisións necesarias para o funcionamento da empresa. O dito apoio poderá ser axuda por titoría, por formación, pola realización externa de estudos e informes sobre a actividade para que a persoa promotora ou empresario/a poida dispoñer de mellor información. Os ditos gastos deberán producirse no primeiro ano de actividade empresarial e durante o período indicado na convocatoria anual e sempre co tope do 75% do custo e do importe indicado na convocatoria anual.

Subvencións financeiras: promove a creación de postos de traballo mediante a redución de xuros, ata 4 puntos, dos préstamos destinados a financiar investimentos en activo fixo (mínimo 75%) co tope do importe indicado na convocatoria anual por posto de traballo estable creado ou que se vaia a crear.

Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade: esta axuda consistirá nunha subvención para financiar os gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade. O importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de traballo estables creados ou que se vaian crear para desempregados, de acordo coa escala e os topes indicados na convocatoria anual.

As contías das ditas axudas poderán variar anualmente e indicaranse na convocatoria correspondente.

As empresas cualificadas de “Iniciativas locais de emprego” terán dereito a un incremento do 10 por cento da contía das subvencións cando a súa actividade produtiva principal se inscriba dentro dos ámbitos dos viveiros de emprego

Tramitación:

Cando o proxecto estea cualificado como ILE ante a Consellería de Traballo e Benestar , este deberá solicitar, dentro do prazo da convocatoria anual a subvención de ILEs que publicara dita consellería no DOG.