Escudo Concello de Vigo

Xerencia Municipal de Urbanismo

Información Xeral

Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo

A Xerencia de Urbanismo creouse no 1996 como organismo autónomo administrativo con personalidade xurídica pública e patrimonio propios, sometida á tutela, fiscalización e control do Concello de Vigo. Estatutos XMU (texto refundido publicado no BOP de Pontevedra do 6/10/2010)

As súas competencias son, entre outras:

  • Elaboración de plans en proxectos de ordenación urban.
  • Programación da actuación urbanística.
  • Expropiacións.
  • Información e aprobación, cando cumpra, dos expedientes tramitados por iniciativa de particulares.
  • Execución de programas.
  • Funcións de política urbanística.
  • Rexistro de transferencias de beneficios urbanísticos.
  • Xestión de patrimonio municipal do solo.