Escudo Concello de Vigo

Participación cidadá

Centro Municipal de Saians

Centro Municipal de Saiáns

  • Dirección: Baixada á Praia 83, 36392 Vigo.
  • Teléfono: 986 498 657
  • Fax: 986 498 657
  • E-mail: camsaians@vigo.org
  • Web: http://asociacions.vigo.org
  • Horario: de luns a venres de 9:30 a 13:00, e de 16:30 a 20:00 horas. Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Inaugurado no mes de Setembro de 2006.

Destaca deste Centro: as súas modernas instalacións, sen barreiras arquitectónicas para persoas con dificultades de mobilidade con postos informáticos para cadeiras de rodas, medios técnicos como ratos de cabeza ou teclados de carcasa, que permiten o acceso a persoas con minusvalías.

Centro Municipal de Distrito: oficina integrada no propio Centro Municipal, punto de información xeral para todos os veciños e veciñas, especialmente dos arredores.

Centro Municipal de Internet (CMI):

  • Acceso a internet por banda ancha.
  • Computadores de uso libre e gratuíto para conectarse a internet (máximo unha hora ao día).
  • Conexión inalámbrica. (WIFI) gratuíta
  • Cámara web, gravadora, escáner e impresoras láser.
  • É necesario facerse un carné:
    • Presentar DNI e unha fotografía.
    • Válido para todos os Centros Municipais: préstamo de libros e CMI
    • É gratuíto e non necesita renovación.
  • Normativa: normas para facilitar o correcto funcionamento dos CMI.

Biblioteca:

  • Servizo de préstamo de libros e material audiovisual.
  • Libros de consulta, prensa, revistas, dicionarios e enciclopedias, literatura variada.
  • É necesario un carné de socio, válido para o uso do aula de internet.
  • Normativa: normas de funcionamento da biblioteca e servizo de préstamo domiciliario.

Instalacións:

  • Sala relacional.
  • Sala de lectura, con prensa diaria.
  • Sala de estudo.
  • Aula de formación.

Actividades:

  • Cursos de informática e ofimática.