- Inicio
- Sede electrónica
- Queixas e suxestións
Sede electrónica
Queixas e suxestións
Os formularios de queixas e suxestións teñen por obxecto recoller as manifestacións de insatisfacción dos cidadáns cos servizos prestados ou presentar iniciativas para a mellora na calidade do servizo ofrecido.
As queixas non terán carácter de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. A presentación de queixas non supón, de ningún xeito, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poidan exercer os cidadáns.
Solicitude de Información
Solicitude de información xeral a través do correo: 010@vigo.org
As canles para facer chegar á Administración, as queixas e suxestións poden ser:
Telemático:
- Teléfono: É o método máis rápido de resolver a súa queixa ou suxestión. (Recomendado)
- 010 (desde dentro do municipio).
- 986810260 (desde fóra de Vigo e móbiles).
- Internet: Cubrindo o seguinte formulario web.
Presencial: nas oficinas dos organismos correspondentes.
Seguimento do estado da tramitación das queixas e suxestións:
Avisos
No caso de que non se quera aportar identificación do interesado pódense mandar avisos para a mellora dos servizos municipais pero non poderá recibir información de resposta nin seguir o seu estado da súa tramitación.
