Escudo Concello de Vigo

Servizos Cidadanía

Maiores

Ás persoas maiores da cidade gústalles poder gozar do tempo libre e realizar todas aquelas actividades nas que se poida participar sen límite de idade.

O principal obxectivo, deste apartado, é contribuír a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores.

Desde aquí poderá informarse dos seguintes temas:

  • Lexislación: contén información xurídica, leis, normativas, información sobre pensións,..
  • Centros: neste apartado atopará os centros con servizo socio-sanitario (centros de DIA, residencias) e os centros sociais que hai na cidade.
  • Educación: todo o referente aos ensinos para maiores, desde estudos básicos ata universitarios.
  • Ocio e lecer: centros cívicos (que son, que ofrecen e onde están), escolas municipais (que ofertan para maiores), programas a través do departamento de Servizos sociais (IMSERSO, balnearios,..)
  • Parques: información sobre que son os parques bisaludables, a súa localización, elementos que conteñen,..
  • Transporte: información das vantaxes das tarxetas de pensionista de Vitrasa e tarxeta dourada de Renfe.
  • Servizos sociais: información deste servizo e o que pode solicitar a través do mesmo.
  • Saúde e Sanidade: información sobre a saúde para as persoas maiores, consellos, recomendacións, solicitar cita co médico,...