Escudo Concello de Vigo

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Programación

A Política de Cohesión é a principal política de investimento da Unión Europea. O seu obxectivo é apoiar a creación de emprego, a competitividade empresarial, o crecemento económico, o desenvolvemento sustentable e a mellora da calidade de vida dos cidadáns en todas as rexións e cidades da Unión Europea.

En España, para o período 2014-2020, a programación da Política de Cohesión foi coordinada pola Dirección Xeral de Fondos Europeos e deu como resultado, entre outros documentos, o Programa Operativo Plurirrexional do que saíron diferentes convocatorias a través das cales, as autoridades de xestión, seleccionaron proxectos concretos.

Durante os traballos de programación contouse coa participación das diferentes administracións (autonómica e local), axentes económicos e sociais e representantes da sociedade civil.

1. Programa Operativo Plurirrexional de España

O Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, financiado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), é o resultado da fusión dos anteriores Programas Operativos de Crecemento Intelixente e de Crecemento Sustentable 2014-2020.

Este programa concreta a estratexia e os obxectivos globais de intervención da Administración Xeral do Estado (AXE) cofinanciadas co fondo FEDER nos ámbitos do crecemento intelixente e sustentable (e no ámbito urbano tamén o crecemento integrador).

2. Orden HAP/2427/2015, de 13 de novembro, pola que se aproban as bases e a primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado que serán cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020

Con data de 17 de novembro de 2015, publícase no BOE a primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado cofinanciadas a través do Programa Operativo de Crecemento Sustentable 2014-2020.

Esta convocatoria foi resolta con data 14 de decembro de 2016 mediante a Resolución do 12 de decembro de 2016 da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, na que concede, ao Concello de Vigo, unha axuda de 15.000.000,00 €.

3. Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado – VIGO VERTICAL

A Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado VIGO VERTICAL baséase nunha serie de retos dentro das tres prioridades crave sobre as que sempre se asentou o noso crecemento: unha cidade intelixente, que poña en valor o concepto de Smart City que Vigo leva desenvolvendo moito tempo, enfocándoo cara ás necesidades dos seus cidadáns e apoiándose nas TICs para impulsar o noso tecido socioeconómico; unha cidade integradora, que siga transformando a Vigo nunha cidade cada día máis fácil e accesible para todos os vigueses e viguesas e unha cidade sustentable, que teña moi presente o futuro ambiental da nosa cidade, que fomente e facilite unha mobilidade multimodal e que busque conciliar desenvolvemento e sustentabilidade para asegurar que Vigo consolídese como unha cidade referente a nivel nacional.

Os principais valores de Vigo:

  • Cidade accesible para todos: buscar a continuidade das estratexias e proxectos enfocados a converter Vigo nunha cidade fácil e accesible para todos os cidadáns.
  • Vigo compite na globalización: a mellor industria do sector do automóbil, a mellor industria do naval, a mellor industria pesqueira. Esta relación da cidade coa economía globalizada xera unha gran fortaleza.
  • Unha cidade para os seus cidadáns: seguir traballando nos esforzos realizados para a transformación urbana dunha cidade para os seus cidadáns.
  • Unha cidade forte economicamente: poñer en valor e apoiarse na boa xestión realizada sitúa ao concello de Vigo nun dos máis solventes a nivel nacional.
  • Cidade emprendedora e innovadora: potenciar a tradición emprendedora da poboación viguesa impulsando a integración e consolidación das novas tecnoloxías.
  • Cidade referente: conformar un marco estratéxico de referencia que consolide á cidade de Vigo como a gran metrópole da fachada atlántica europea.

EDUSI Vigo-Vertical

4. Manual de procedementos

O "Manual de Procedementos" constitúe o documento que todas as Entidades DUSI deben cumprimentar para culminar o seu proceso de designación como Organismos Intermedios Lixeiros, quedando así lexitimadas para exercer as funcións asignadas pola Autoridade de Xestión do FEDER en España e as restantes que se derivan das bases e convocatoria.

Logos

Últimas noticias municipais