Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Subvencións a entidades sociais

Concédense, en réxime de concorrencia competitiva, atendendo ao interese social dos distintos servizos e proxectos, á súa complementariedade coa oferta pública de servizos sociais, á calidade e ao carácter innovador das prestacións de servizos ofertados, á eficiencia no emprego de fondos públicos e á súa adecuación aos obxectivos fixados pola planificación autonómica en materia de servizos sociais.

Destinatarias

Entidades de interese social, sen ánimo de lucro, que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas Bases das Subvencións, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo e con sede, domicilio social ou delegación permanente no termo municipal de Vigo.

Cada entidade ou agrupación de entidades solicitantes só pode presentar un proxecto á convocatoria.

Proxectos subvencionables

Proxectos, programas e actividades de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da cidade de Vigo no sector específico dos servizos sociais e que teñan como destinatarios a un ou varios dos seguintes colectivos:

A. Familia e Infancia:

  • Proxectos ou actividades que fomenten as habilidades familiares a través de actividades de formación na igualdade e corresponsabilidade dos seus membros, cara á mellora da calidade da actuación parental e a vida familiar.
  • Proxectos ou actividades que favorezan a participación das familias cara á súa integración social.
  • Programas de apoio psicosocial para situacións de dependencia (autocoidado emocional, autoestima, regulación emocional, habilidades de comunicación e resolución de conflictos, etc.) cara á mellora da calidade da vida familiar.

B. Persoas maiores e persoas con discapacidade:

  • Programas de información e/ou formación dirixidos a estes colectivos, familiares e coidadores.
  • Programas ou actividades dirixidas a persoas maiores e/ou con discapacidade que fomenten a súa psicomotricidade.
  • Obradoiros alternativos non coincidentes cos desenvolvidos pola Área de Política Social.

C. Persoas emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas:

  • Proxectos socioeducativos e de promoción social dirixidos a estes colectivos socialmente vulnerables.

D. Persoas marxinadas sen fogar:

  • Proxectos de prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, dirixidos a persoas e colectivos en risco de exclusión social ou desprotección.

E. Persoas toxicómanas (alcohólicas e drogodependentes):

  • Proxectos de carácter preventivo, socioeducativo e de promoción da autoestima.