Escudo Concello de Vigo

Xuventude

Casa da Xuventude

  • Enderezo: Rúa López Mora 31, 36211 Vigo
  • Teléfono: 986 294 806.
  • Fax: 986 294 934.
  • Liñas de Autobuses: C5, C9A, C9B, 12A, L20.
  • E-mail: xuventude@vigo.org
  • Web: www.xuventudevigo.org
  • Horario da Casa: de luns a venres de 8:00 a 15:00 e de 16:30 a 20:30 horas.
  • Horario de Oficina: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

A Casa da Xuventude é a principal infraestrutura da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo. É un edificio público, único en toda a cidade e en toda Galicia, de gran valor arquitectónico.

Nela ponse a disposición da mocidade viguesa, actividades e servizos adecuados ás súas necesidades e intereses. Emprega o correo electrónico de cada sección para consultar, propor ou preguntar calquera dúbida que poidas ter sobre os servizos e recursos ofertados.

Servizos

Volver ao Inicio

Salas

  • Sala de Ensaios musicais: local, equipo de son e instrumentos básicos para o ensaio de grupos ou solistas de calquera estilo musical.
  • Sala de Exposicións: pintura, fotografía, cómic, escultura e calquera tipo de expresión artística.
  • Sala de Lectura: lugar de lectura, de traballo en equipo ou estudo.
    • Viaxeteca: biblioteca con fondos específicos: turismo e viaxes.
    • Publicacións de interese xuvenil, prensa diaria local e nacional.
    • Servizo de préstamo
  • Sala de Informática e Internet:
    • Horario de conexión a Internet: de luns a venres de 9:30 a 14:30.
    • Equipos para elaborar documentos ou conectarse a webs de interese xuvenil: directorio de internet a disposición das persoas interesadas.
    • Impresora para imprimir consultas e documentos (levar os folios para imprimir).
    • Envío e recepción de correo electrónico a través do correo web.
    • Espazo para navegar comodamente co teu portátil mediante conexión WIFI.
    • Acceso ao BIX (Boletín Informativo Xuvenil).
    • Sala de Xuntanzas: lugar de encontro, reunións, charlas formativas para os individuos ou colectivos que o soliciten.

Volver ao Inicio