Escudo Concello de Vigo

Servizos Cidadanía

Sanidade e Saúde

Servizo de Medioambiente
  • Praza do Rei, 2º andar. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 210
  • Horario de atención ao público: Luns a venres de 9 a 13:30 horas.
  • Email: ofi.sanidade@vigo.org

A Organización Mundial da Saúde (OMS), no seu congreso de Toronto de 1984, lanza a idea de que a saúde é un concepto que supera os servizos sanitarios, debe involucrar as cidades e aos seus ocupantes.

O proxecto de Cidades Saudables busca facilitar o benestar físico, psíquico, social e medioambiental da xente que vive e traballa nas cidades. Polo tanto, entendemos como cidade saudable aquela que ademais de ser consciente de que a saúde dos seus cidadáns é importante, mantén unha actitude activa e unha vontade constante para preservar e sobre todo mellorar o nivel de saúde da súa poboación, mediante un proceso continuo de actividades e a creación de estruturas para o seu desenvolvemento.

Plan Saúde

O Plan Saúde constitúe un significativo avance nun ambicioso programa relacionado co proxecto de "cidade saudable", co que se persigue un claro compromiso de desenvolvimento sostible, a mellora da saúde e da calidade de vida da poboación viguesa.

Percepción do estado de saúde por parte da poboación:

Na enquisa domiciliaria levada a cabo en 2006 polo Concello de Vigo sobre a poboación residente na cidade e que está incluída no documento "Estudo-diagnose sobre saúde e calidade de vida no concello de Vigo", destacamos a seguinte información:

  • A percepción de como é a súa calidade de vida é: moi boa (8,3%), bastante boa (37,2%), normal (45,3%), bastante mala (8,1%), moi mala (1,1%).
  • A percepción do seu propio estado de saúde foi cualificado de moi bo polo 3,5%, bastante bo 27,2%, normal 50,7%, bastante malo polo 16,3% e moi malo polo 2,4%. Esta percepción está relacionada coa idade, a máis idade peor percepción.

O Concello, como institución máis próxima aos cidadáns, presenta este proxecto para mellorar a saúde dos cidadáns, realizando a promoción de hábitos de vida saudable mediante actividades que incentivan o cambio cara á actividade física mantida, o abandono do tabaco e do alcohol, e a promoción dunha alimentación saudable e equilibrada, en concordancia co mandato da OMS sobre cidades saudables, sendo este un dos obxectivos principais do plan de saúde de Galicia 2006-2010. É, ademais, un obxectivo primordial fomentar a participación intersectorial e apoiar aos servizos de saúde e ao nivel educativo ofrecendo colaboración e poñendo ao seu alcance os medios dos que se dispoñan para facilitar a promoción de hábitos de vida saudables .