Escudo Concello de Vigo

Xerencia Municipal de Urbanismo

Punto de Información Vivenda

  • Enderezo: Xerencia Municipal de Urbanismo. Praza do rei s/n. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 350
  • Email: urb.vivenda@vigo.org
  • Web: www.vigo.org/vivenda
  • Horario atención persoal: luns de 9:00 a 13:30 horas.
  • Horario atención telefónica: de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.

Información facilitada nesta sección:

  • Poxa pública vivendas en República Argentina: O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) aprobou o prego de cláusulas económico-administrativas para a venda polo procedemento de poxa pública na súa modalidade de sobre pechado das 15 vivendas municipais da rúa República Arxentina 12-14.
  • Vivendas municipais en NAVIA: páxina na que se publica toda a información relativa ao proceso de selección de adxudicatarios en réxime de aluguer de vivendas de titularidade municipal en NAVIA.
  • Vivenda protexida: páxina de información en materia de vivenda de protección e promoción pública e das axudas e subvencións á compra das mesmas.
  • Programa Realoxo Desafiuzados Hipotecarios: O obxecto deste programa é acoller temporalmente (por un período máximo de 2 anos) en vivendas de titularidade municipal a familias viguesas que se atopen en situación de necesidade por ser desafiuzadas da súa vivenda habitual como consecuencia dunha execución hipotecaria.
  • Aloxamento transitorio en vivendas municipais de persoas con mobilidade reducida: O obxecto deste programa: é acoller temporalmente (por un período máximo de 2 anos) nas referidas vivendas municipais a familias viguesas nas que algún membro teña recoñecida a condición de PMR e que se atopen en situación de necesidade por ser desafiuzadas da súa vivenda habitual.