Fax: 986 298 229 Páxina web: www.museoliste.org e-mail: recepcion@museoliste.org
Horario:
- De martes a sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00
- Domingos, luns e festivos pechado.
Servizos:
- Salas de exposición: nove permanentes e unha temporal.
- Visitas guiadas e dialogadas.
- Visitas para grupos con cita previa.
- Biblioteca de consulta especializada en etnografía galega.
- Departamento de didáctica.
- Arquivo fotográfico e audiovisual.
- Tenda.
- Aparcadoiro.
O Museo Liste de Vigo nace co principal obxectivo do coñecemento e difusión do patrimonio etnográfico galego.
O Museo, instalado nunha vivenda unifamiliar remodelada de mediados do século XX, distribúese en catro andares e once salas que reflicten aspectos significativos da identidade de Galicia.
Nove salas de exposición permanente exhiben máis de 2.000 pezas a través das cales o visitante percorre os oficios artesanais galegos, a cultura do cultivo do centeo, a roda tradicional, os peches, os tecidos, a madeira escavada, a luz, a materialidade da fe e a arte de curar.
O museo posibilita, ademais das visitas "dialogadas", diversas actividades didácticas, exposicións temporais, audicións musicais, así como o acceso á biblioteca de consulta etnográfica.
