Escudo Concello de Vigo

Xerencia Municipal de Urbanismo

Cartografía Municipal

Servizo de Cartografía e Deliñación

  • Enderezo: Xerencia Municipal de Urbanismo. Praza do rei s/n. 36202 Vigo.
  • Teléfono de información: 986.810.321
  • Web: www.vigo.org/cartografia

A oficina municipal de Cartografía e Deliñación está encargada da xestión e actualización da cartografía municipal do Concello de Vigo, nas súas diferentes escalas, ademais de asistir tecnicamente, tanto á Xerencia Municipal de Urbanismo como aos diferentes servizos do Concello.

En agosto de 2011 realizouse un voo fotogramétrico de todo o termo municipal, procedéndose na actualidade, á elaboración dun ORTOFOTOMAPA dixital da totalidade do Concello.

Servizos que presta

  • Elaboración da cartografía municipal nas súas diferentes escalas, así como o seu mantemento.
  • Elaboración e deliñación de proxectos de obras municipais tanto de edificación como de obras públicas.
  • Elaboración e xestión das diferentes ORTOFOTOMAPAS dixitais do término municipal.
  • Elaboración dos distintos expedientes de expropiacións, que se desenvolven no término municipal, así como a confección do parcelario e relación de bens e dereitos, ademais do pago das follas do prezo xusto.
  • Expedición de:
    • Certificados de distancia.
    • Informes sobre antigüidade, en función da cartografía antiga e da fotografía aérea.
    • Colaboración coa Oficina de Información ó público.
  • Elaboración das actas de liña e rasante no concello.
  • Elaboración da topografía e informes necesarios na tramitación dos diferentes expedientes de:
    • Inspección e licenzas de obra.
    • Infraccións urbanísticas.
  • Elaboración de informes, na tramitación de expedientes do servizo de Patrimonio e Contratación, referente á desafección ou incorporación dos viarios ou parcelas municipais, permutas, etc., que afecten ó Inventario Municipal de Bens.
  • Elaboración de expedientes de deslinde das propiedades públicas.
  • Levantamentos topográficos de parcelas do Inventario Municipal e Patrimonio Municipal do Solo.
  • Reprografía da Xerencia Municipal de Urbanismo.
  • Custodia do Arquivo de Cartografía existente.

Publicacións

  • Plano coas estradas do termo municipal de Vigo. Documento de consulta con todos os viarios do termo municipal, a súa titularidade e clasificación. (PDF optimizado para A2, 1 páxina, 844Kb, versión en galego).
  • Planos Oficiais de Vigo. Acceso á Cartografía Oficial de Vigo. Para realizar unha consulta, seleccione a Folla Cartográfica que necesite pulsando sobre a área na imaxe. Descargarase o plano da cuadrícula correspondente en formato DXF comprimido en ZIP.