Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Axuda á contratación

  • Enderezo: Praza do Rei 1, 4º andar. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 232.
  • Fax: 986 810 162.
  • E-mail: ofi.emprego@vigo.org
  • Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Xestión das axudas Municipais á contratación.

A Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado no conxunto de accións que integran os programas de apoio á inserción laboral desenvolve o Programa de axudas municipais á contratación para a aplicación das políticas activas de emprego no seu ámbito territorial.

Axudas municipais á contratación

Convocatoria anual que ten como obxecto conceder axudas a empresas independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública que formalicen contratos por conta allea a persoas desempregadas empadroadas no municipio de Vigo e para prestar servizos neste concello. A contía da axuda poderá incrementarse segundo a empresa acredite a pertenza da persoa contratada aos colectivos de difícil inserción laboral e/ou social que recollan as bases reguladoras e convocatoria.

Tipos e contías das axudas

Anualmente a Xunta de Goberno Local aproba as bases reguladoras da convocatoria e publícanse no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP) , e establécese o período de contratación, así como o tipo e a contía das axudas.

 Publicidade da convocatoria e bases reguladoras

As subvencións poderán afectar ás contratacións que reúnan os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras e convocatoria que anualmente se acorden e publicaranse no BOP, nos xornais de maior tirada da cidade e na páxina web www.vigo.org. Os modelos normalizados para a presentación de solicitudes facilitaranse na Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, na web www.vigo.org e nas dependencias de información do Concello de Vigo.

Ofertas de emprego

Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado pon a disposición das empresas e/ou entidades na procura de persoal a máis de 6000 persoas usuarias e beneficiarias dalgún dos programas e proxectos promovidos por esta concellaría.

 Como facelo

Na base de datos figuran os datos básicos persoais e profesionais das persoas usuarias e beneficiarias do Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego.

 As empresas teñen que enviar por correo electrónico ou fax á Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado unha ficha de oferta de emprego, segundo o modelo.

Coa recepción da ficha de oferta de emprego sóndose nas candidaturas que reúnan as características do perfil requirido. Coas persoas preseleccionadas establécese contacto para coñecer a súa adecuación ao posto, dispoñibilidade e interese na oferta. Deste xeito, previa autorización da persoa preseleccionada, remíteselle ao ofertante unha relación de persoas adecuadas ao perfil requirido.

Observacións

As empresas ou entidades contratantes poderán optar e beneficiarse das axudas municipais á contratación no caso de reunir os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras e convocatoria que anualmente se acorde.

2012

As bases reguladoras da convocatoria realizaronse no BOP do 25.06.2012 e comprendían as contratacións realizadas entre o 16 de setembro do 2011 e o 31 de abril do 2012.

Importe total da convocatoria: 25.000,00 €

Núm. solicitudes recepcionadas e tramitadas

45

Núm. axudas concedidas

19

Núm. de axudas denegadas polo baremo

8

Núm. de axudas denegadas por incumprimento ou non achegar a documentación

18

 

Expte.

Solicitante

DNI/CIF

Baremo

Importe axuda

8924/77

JAVIER SOUSA TOJEIRA

35570138V

35

1.050,00 €

8929/77

COMPLEJO HOSTELERO EL PARQUE, SL

B36731958

23

1.050,00 €

8920/77

Mª TERESA GIADAS REBOREDA

36031396x

22

1.181,25 €

8926/77

DRAKAR SOLUCIONES DE CONTROL, SL

B27762202

18

2.100,00 €

8917/77

CUBICA TECNOLOGÍA Y DISEÑO, SL

B36998011

18

2.100,00 €

8945/77

LA PEZERA DE VIGO, SL

B27760859

18

2.100,00 €

8955/77

GESGLOBAL NOROESTE, SL

B27710029

17

2.100,00 €

8925/77

GLAUCINEIDE BESERRA DE FREITAS

39510678J

17

2.100,00 €

8941/77

ENRIQUE CUQUEJO TABOADA

34584396D

17

1.050,00 €

8949/77

MYSTIC PROJECT, SL

B36951531

13

1.837,50 €

8937/77

PATRICIA LÓPEZ COLMENERO

34988923N

11

813,75 €

8916/77

EXCLUSIVAS TORRADO MONTERO, SL

B36591956

11

1.050,00 €

8915/77

HERMANOS SANZ, CB

E36909341

11

1.050,00 €

8914/77

Mª AMPARO DIZ DEBRITO

36048676V

11

1.050,00 €

8910/77

RAFAEL ANDÓN OTERO

53184318S

11

1.050,00 €

8951/77

RODRIGO JESÚS PORTANET FONTANA

36130288W

11

603,75 €

8922/77

ALFONSO PENELA FERNÁNDEZ

35996863F

11

525,00 €

8921/77

R.C. FIL DISTRIBUCIONES, SL

B36744506

10

1.050,00 €

8956/77

SUER, CB

E27761402

10

1.050,00 €