- Inicio
- Servizos cidade
- Protección Civil
- Voluntariado
- Normativa
Protección Civil
Normativa
Dentro da Lei 6/1996, do 15 de Xaneiro, do Voluntariado (BOE n. 15 de 17/1/1996) hai dous artigos relevantes para a definición de persoa voluntaria:
Artigo 3. Concepto de voluntariado
1. Aos efectos da presente Lei, enténdese por voluntariado o conxunto de actividades de interese xeral, desenvolvidas por persoas físicas, sempre que as mesmas non se realicen en virtude dunha relación laboral, funcionarial, mercantil ou calquera outra retribuida e reúna os seguintes requisitos:
- Que teñan carácter altruísta e solidario.
- Que a súa realización sexa libre, sen que teñan a súa causa nunha obrigación persoal ou deber xurídico.
- Que leven a cabo sen contraprestación económica, sen prexuízo do dereito ao reembolso dos gastos que o desempeño da actividade voluntaria ocasione.
- Que se desenvolvan a través de organizacións privadas ou públicas e con arranxo a programas ou proxectos concretos.
2. Quedan excluídas as actuacións voluntarias illadas, esporádicas ou prestadas á marxe de organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, executadas por razóns familiares, de amizade ou boa veciñanza.
3. A actividade de voluntariado non poderá en ningún caso substituír ao traballo retribuido.
Artigo 4. Actividades de interese xeral
Enténdese por actividades de interese xeral, a efectos do disposto no artigo anterior:
- As asistenciais.
- De servizos sociais.
- Cívicas, educativas, culturais, científicas, deportivas, sanitarias.
- De cooperación ao desenvolvemento, de defensa do medio ambiente, de defensa da economía ou da investigación.
- De desenvolvemento da vida asociativa, de promoción do voluntariado, ou calquera outras de natureza análoga.
