Volver á paxina principal

Concello: Casa do Concello

A Casa do Concello é a casa de todos os cidadáns. Nela desenvolven o seu traballo os funcionarios do Concello e os representantes dos cidadáns elixidos nas eleccións municipais.

Cómpetelle ao Concello o goberno e a administración do municipio, así como inspeccionar e impulsar os servicios que satisfagan as necesidades dos vigueses. Ademais, a Casa do Concello dispón de instrumentos de seu para a integración dos cidadáns nos asuntos de Vigo.

Na Casa do Concello conviven órganos consultivos con outros de carácter executivo, como os que afectan a seguridade dos cidadáns, a ordenación do tráfico de vehículos, a xestión urbanística ou a protección do medio ambiente.

Institucional (29/07/2010)

10:30
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presenta o Marisquiño.

Sala de prensa.
10:30
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visita as actividades interxeneracionais de verán ao aire libre.

Calvario (no contorno do Mercado).
11:00
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, recibe aos rapaces e rapazas de Italia, Dinamarca, Eslovaquia e Chipre que participan no intercambio Vigo´ing Together!

Galería da Alcaldía.
12:15
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, realiza unha visita institucional á Universidade de Vigo e mantén unha xuntanza co reitor Salustiano Mato.

Declaracións aos medios: Edificio Miralles, sala II, campus de Lagoas-Marcosende.