Escudo Concello de Vigo

Vigo

Chegar a Vigo

Vigo está ben comunicada grazas a unha completa rede de infraestruturas que conectan a cidade cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e internacionais.

O seu porto atlántico, o seu aeroporto, a rede de estradas e o ferrocarril permiten a existencia dunha ampla oferta de transportes para todos os gustos e todas as posibilidades.

Por estrada:

Vigo conta con tres grandes vías:

  • A Autovía do Noroeste: conecta a cidade con Madrid e a meseta a través de 667 km de estrada.
  • A Autovía das Rías Baixas: discorre dende Vigo até a autoestrada do Norte de Portugal, pasando por Tui, Braga e Porto até enlazar con Lisboa; tamén enlaza coa autoestrada Vigo-Baiona.
  • A autoestrada do Atlántico: comunica a cidade olívica co norte de Galicia a través de Pontevedra, Santiago e A Coruña.

En autobús:

As principais conexións enlazan Vigo con Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Irún, San Sebastián, Zaragoza, Estremadura, Andalucía... Tamén conta con rutas internacionais con Portugal (Porto, Lisboa e Algarve), Francia, Suíza, Bélxica, Holanda, Dinamarca e Alemaña.

  • Estación de autobuses de Vigo:
    • Enderezo: Avenida de Madrid, 57.
    • Teléfono: 986 373 411
    • Páxina web: www.vigobus.com

En tren:

Existen conexións diarias entre Vigo e as cidades veciñas: Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña e Porto.

Ademais a oferta inclúe expresos e talgos cada día cara a Madrid e Barcelona, e trens directos a León, Ponferrada, Bilbao e Alacante.

  • Estación de trens ADIF:
    • Enderezo: Praza da Estación s/n.
    • Atención ao cliente: 986 269 403
    • Información nacional: 902 240 202
    • Información internacional: 902 243 402
    • Páxina web: www.renfe.es

En barco:

O porto vigués recibe cada ano miles de pasaxeiros de cruceiros, entre os que destacan: Queen Mary II, Independence of the Seas, Voyager of the Seas, Queen Victoria, Msc Orchestra, Celebrity Equinox ...

Durante todo o ano hai transporte diario ás localidades de Moaña e Cangas do Morrazo.

Ademais, en Semana Santa e en época estival realízanse rutas diarias ás Illas Cíes e Illa de Ons.

  • Naviera Mar de Ons:
    • Enderezo: Estación Marítima s/n.
    • Teléfono: 986 225 272
    • Información: 902 454 645
    • Páxina web: www.mardeons.com
  • Naviera Nabia:
    • Enderezo: rúa Eduardo Vicenti 11 - 2ºA, 36930 Bueu.
    • Atención ao cliente: 986 320 048
    • Fax: 986 430 416
    • Páxina web: www.piratasdenabia.com
  • Cruceros Rías Baixas:
  • Rías Galegas:
    • Teléfono: 608 621 282

En avión:

O aeroporto de Vigo está situado a 10 km do centro da cidade. Conta cunha ampla oferta de voos regulares a Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Tenerife Sur e Valencia e voos internacionais a París.

  • Aeroporto de Peinador:
    • Enderezo: Avenida do Aeroporto s/n.
    • Teléfono: 986 268 200
    • Páxina web: www.aena.es