Escudo Concello de Vigo

Igualdade

Trámites de Igualdade

Lista de trámites

Asesoramento e Asistencia Psicolóxica. Proxecto de Atención Psicolóxica a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero.

Valoración ingreso Casa de Acollida, Asesoramento, Terapia individual, Derivación, Formación a profesionais, Prevención, Intervención en asociacións, colexios...

Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

Servizo de información e asesoramento as mulleres no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral desde unha perspectiva de xénero, desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás víctimas da violencia. O CMIDM é atendido por unha psicóloga, unha traballadora social, unha avogada e unha auxiliar administrativa. É a vía de entrada á Casa de Acollida para Mulleres Maltratadas de Vigo, así como ao Servicio de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI).

Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero

O Concello de Vigo, en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Secretaría Xeral de Igualdade , ven de pór en marcha o Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de Violencia de xénero.

Este Centro, que forma parte da Rede Galega de acollemento, nace coa finalidade de proporcionar aloxamento inmediato e de curta estancia ás mulleres ( e ás súas fillas e fillos) que se atopen inmersas nunha situación de malos tratos, garantíndolles un acollemento de emerxencia mentras se valora a súa situación, se inicia o tratamento ou se efectúa unha derivación a outro dispositivo máis axeitado.

Consulta Xurídica On-line para Mulleres

O Concello de Vigo pon a disposicición das mulleres que estean interesadas un correo electrónico para que poidan facer consultas xurídicas sobre dereito de familia, malos tratos, dereito penal, dereito civil, discriminación sexual, acoso laboral, etc.

As consultas serán respostadas directamente pola avogada do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

Información de Servizos e Programas para Mulleres

Servizo de información de recursos non económicos que faciliten a incorporación das mulleres, vítimas de violencia, a nivel sociolaboral e mellorar a súa calidade de vida.

Información e Asesoramento sobre Axudas Económicas para Mulleres

A traballadora social informará do procedemento e das condicións para acceder a estas axudas por parte das mulleres vítimas de violencia e as persoas que dependan dela.

Servizo de Asesoramento Xurídico a Mulleres

Mediante este servizo, as mulleres reciben asesoramento e orientación xurídica referida a calesquera procedementos xurídicos e xudiciais que teñan en trámite, e calquera tipo de información e consulta xurídica referidas o dereito de familia, penal e civil. Asimesmo se lles informa do dereito á xustiza gratuíta, e acerca de outras cuestións ou servizos relacionados con estes temas.

Tamén, dende este servizo se lles deriva a aqueles outros que procedan e conveñan á usuaria.

Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia

Este servizo adícase, exclusivamente, ao coidado da prole das mulleres, con escasos recursos económicos e falta de apoios socio-familiares. Denomínase servizo ós desprazamentos que a coidadora realiza ao domicilio da beneficiaria ou lugar indicado para o coidado dos menores.

Teléfono da Muller

Servizo municipal de información e asesoramento telefónico para mulleres, dirixido especialmente ás vítimas da violencia.

Atendido as 24 horas do día por persoal especializado, asegura unha orientación inmediata e precisa sobre recursos e servizos existentes na comunidade, achegándolles ás mulleres víctimas da violencia información urxente sobre recursos legais e sociais ao seu alcance e apoio e atención en situacións de angustia.