Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Subvencións FSE FEDER

xunta_flag UE_flag logo Ayuntamiento de Vigo
Xacobeo 2021 Galicia

A través desta convocatoria de subvenciones, a Xunta de Galicia con fondos FSE e FEDER europeos da apoio económico para a construción, reforma, e equipamento de centros de inclusión e emerxencia social das corporacións locais, e desenvolvemento de programas de inclusión sociolaboral polos servizos sociais de titularidade municipal que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral.

O Concello de Vigo, a través da concelleria de Politica Social, ven solicitando en cada convocatoria diferentes programas bianuais en relación á poboación en situación de exclusión moderada e severa ou en risco de exclusión ademais de proxectos para mantemento e mellora do Centro de Inclusión e de Emerxencia Social, en adiante CIIES.

A traves do Programa de Inclusión sociolaboral para persoas perceptoras de RISGA que se desenvolven nos CMSS se realizan de proxectos específicos para determinados colectivos en situación de vulnerabilidade social, asi como proxectos de mediación intercultural dirixidos a persoas migrantes que residen na cidade para facilitar a súa integración na sociedade de acollida

Neste centro CIIES se prestan diferentes servizos tanto de atención inmediata (comedor social, sala de lecer, unidade de hixiene, unidade de rúa, centro de atención social continuada, etc.) como outros residenciais (albergue temporal, Programa de acollida básico, e Programa de transición á vida autonoma, Programa de atención diurna, etc.

Esta é a convocatoria para os anos 2018/2019: