- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Servizos Sociais
- Integración das persoas con discapacidades
- Programas e servizos para persoas con discapacidade
Servizos Sociais
Programas e servizos para persoas con discapacidade
A Concellería de Política de Benestar ofrece distintos programas, proxectos e servizos para persoas con discapacidade:
- Campaña de sensibilizacion para mellorar a accesibilidade en Vigo
- Dispositivo de acceso e baño para persoas con mobilidade reducida na praia de Samil e na praia do Vao - Ano 2012
- Proxecto de autonomía persoal "Móvome" - Ano 2012
- Servizo de intérprete de lingua de signos - Ano 2013
- Transporte adaptado
- Bono-taxi - 2013
- De boa man - Ano 2012
- Lecer no verán para persoas con discapacidade - Ano 2012
- Proxecto de respiro familiar municipal - Ano 2013
- Atención ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias - Ano 2012
- Obradoiros paralelos dirixidos a familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias - Ano 2013
- Proxecto sábados dinámicos (Lecer de fin de semana para persoas con discapacidade) - Ano 2011
Co obxectivo de promover a integración das persoas con discapacidades o Concello desenvolve campañas de sensibilización e asume diversos compromisos:
Campaña de sensibilización para mellorar la accesibilidade en Vigo
Con motivo do día internacional das persoas con discapacidade, o 3 de decembro a Concellería de Política de Benestar presenta unha campaña de sensibilización para facer que Vigo sexa máis accesible para as persoas con discapacidade.
A campaña desenvolverá actuacións dirixidas a:
- Poboación en xeral.
- Centros públicos de educación secundaria.
- Persoal do Concello.
Ficheiros:
Dispositivo de acceso e baño para persoas con mobilidade reducida na praia de Samil e na praia do Vao - Ano 2012
A concelleria de Politica de Benestar pon en marcha o dispositivo coa colaboración da Cruz Vermella.
Obxectivo
Este servizo foi inaugurado no ano 2001, co obxectivo de favorecer que as persoas con mobilidade reducida de Vigo poidan acceder a actividades cotiás, como pode ser o acceso á praia ou un baño no mar na época estival.
Horario
Desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto: de luns a domingo de 11:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas.
Persoal
Un equipo formado por 1 coordinador, 4 monitores (2 na praia do Vao e 2 na praia de Samil) e un equipo de voluntarios que atenderán este servizo en ámbalas dúas praias.
Material
- Praia de Samil: Dúas cadeiras de baño adaptadas, muletas acuáticas, unha pasarela de acceso á praia e chalecos.
- Praia do Vao: Unha cadeira de baño adaptada, muletas acuáticas, unha pasarela de acceso á praia e chalecos.
Acceso
Para o goce deste servizo calquera persoa con minusvalidez ou mobilidade reducida só ten que achegarse ao posto instalado para este servizo na praia de Samil ou na praia do Vao ou realizar a súa reserva a través do teléfono 986 423 666.
Proxecto de autonomía persoal "Móvome" - Ano 2012
Programa desenvolvido en colaboración coa Asociación para o Síndrome de Down de Pontevedra. "Móvome" impulsa a autonomía persoal de nenos e mozos con síndrome de Down mediante actividades que faciliten a súa integración, as súas habilidades sociais e o coñecemento do contorno.
O proxecto pretende que estes pequenos acaden a máxima independencia cotiá e que podan gozar do lecer da mesma maneira que outros nenos, traballando exercicios en dous ámbitos: aula e cidade.
Máis información na Asociación para o Síndrome de Down de Pontevedra, no teléfono 986 201 656.
Servizo de intérprete de lingua de signos - Ano 2013
A través dun convenio coa Asociación de Xordos de Vigo, o Concello ofrece a todos os discapacitados do municipio dispor dun profesional intérprete de lingua de signos para xuntanzas, despachos profesionais, comparecencias en tribunais, consultas médicas, conferencias e cursos.
Este servizo pode ser solicitado por calquera persoa xorda ou oínte, ou por entidades públicas e privadas que necesiten manter unha comunicación coas persoas xordas. O servizo é totalmente gratuíto e desenvolverase seguindo o sistema de "chamada previa", é dicir, aquelas persoas que necesiten solicitalo, deberán chamar á Asociación de Xordos, no teléfono 986 281 370, comunicando os seus datos persoais, data, lugar e materia para a que se require o servizo.
Transporte adaptado
Os cidadáns con mobilidade reducida dispoñen dun microbús adaptado, pertencente á concesionaria do transporte público VITRASA.
Aquelas persoas que precisen deste servizo para o seu desprazamento poden solicitalo chamando con antelación ao teléfono 986 207 474, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Adhesión da cidade de Vigo á declaración "A cidade e as persoas con diminución"
Por acordo plenario de 24 de abril de 2000 o Concello adheriuse a esta declaración. O documento detalla os compromisos e os acordos que os concellos asumen, en función das súas competencias, con relación á integración social das persoas con discapacidade. Pertencen outras 33 cidades europeas.
"Bono-taxi", un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa mobilidade. Ano 2013.O Concello de Vigo, a través da Concellería de Política de Benestar, e en base as competencias que lle son propias, considera necesario poñer en funcionamento o programa denominado "Bono-taxi", que ten por obxecto establecer axudas económicas para posibilitar un medio de transporte alternativo a aquelas persoas que, por razón da grave dificultade de acceso non poden utilizar o transporte colectivo, dado que se considera unha necesidade para estos colectivos.
Prazo de presentación de solicitudes: Do día 20 de abril ao 9 de maio.
- Bases reguladoras da convocatoria
- Impreso de solicitude e documentación. Anexo I
- Autorización para solicitar datos a outras administracións. Anexo II
- Declaración responsable do solicitante da axuda. Anexo III
- Cesión de datos de carácter persoal a entidade colaboradora. Anexo IV
- Normas xerais de utilización da tarxeta Bono-Taxi do Concello de Vigo
- Publicación no BOP nº 76 do 19/04/2012
De boa man - Ano 2012
Na área da discapacidade do Departamento de Política de Benestar estánse a levar a cabo diferentes programas e proxectos dirixidos á integración social e laboral das persoas con discapacidade, xa sexa, discapacidade psíquica, física ou sensorial.
Nesta liña, a Concellería de Política de Benestar do Concello de Vigo en colaboración co Centro Príncipe- Centro comercial aberto, organiza un ano máis a campaña “DE BOA MAN”. Esta campaña, ten por obxecto involucrar a todo o tecido social da cidade cara á integración social das persoas con discapacidade, así como, ofertar un comercio alternativo e máis solidario.
Participan dez entidades de persoas con discapacidade, ASEM, DOA, APAMP, ASPANAEX, SAN RAFAEL, FUNDACIÓN MENELA, ALENTO, ASPAVI, FAMFIP – COGAMI e REHABILITACIÓN- REBULLÓN que expoñen e venden, os artigos e produtos realizados polos usuarios dos seus centros, nunhas carpas instaladas na rúa Príncipe esquina Velázquez Moreno.Realízanse dúas edicións, unha en xuño e outra en Decembro coa colaboración de Centro Príncipe.
A edición de xuño será dende o día 5 ao 8, ámbolos dous incluídos, levándose a cabo devandita actividade, en horario de mañán, de 10 a 14 horas, e de tarde de 17 a 21 horas .
A edición de decembro realizarase dende o 11 ao 14 de decembro , ámbolos dous incluídos, en horario de 10 a 20 horas.
Lecer no verán para persoas con discapacidade - Ano 2012
O departamento de Política de Benestar en colaboración con Pasovigo vai realizar o proxecto “Lecer no verán para persoas con discapacidade” durante os meses de xullo e agosto que consiste nun servizo de ocio e respiro familiar de carácter non permanente, dirixido ás persoas con discapacidade (parálise cerebral, autismo, síndrome de down, etc.) empadroadas no Concello de Vigo.
Consta de dúas actividades:
- Divírtete no verán no mes de xullo
- Verán do lecer no mes de agosto
Proxecto de respiro familiar municipal dirixido a familias ou coidadores de persoas con discapacidade - Ano 2013
A Concellería de Política de Benestar do Concello de Vigo desenvolve mediante un convenio de colaboración coa Fundación Menela o programa de “Respiro Familiar” dirixido a familias ou coidadores de persoas afectadas por algunha discapacidade, e concretamente a:
- Facilitar estanzas de corta duración (no edificio Cami da Fundación Menela, ubicado na rúa laxe nº 3) a persoas con discapacidade.
- En idades comprendidas entre os 3 e os 50 anos.
- Empadroados no Concello de Vigo.
- Que fagan a aportación correspondente.
Atención ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias
Concelleria de Política de Benestar - Asociación DOA - Ano 2012
O proxecto desenvolvido en colaboración coa asociación de axuda aos enfermos mentais, DOA, ten por finalidade a atención das persoas con enfermidade mental e as súas familias no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral que a citada entidade ten na nosa cidade, sendo beneficiarios do mesmo, persoas con neurosis graves ou psicosis cuxo estado non sexa incompatible coa súa posible reinserción psicosocial.
Mediante esta colaboración o Departamento de Política de Benestar subvenciona catro prazas no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral para persoas empadroadas en Vigo en idades comprendidas entre 17 e 55 anos derivadas polos profesionais dos Servizos Sociais municipais.
Obradoiros paralelos dirixidos a familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias
Concelleria de Política de Benestar - Asociacion Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias - Ano 2013
A Concellería de Política de Benestar do Concello de Vigo desenvolve mediante un convenio de colaboración coa Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia un programa de “Obradoiros Paralelos” dirixido aos enfermos/as de alzheimer ou outra demencia neurodexenerativa así como a familiares dos enfermos que asisten aos obradoiros de estimulación cognitiva.
Os obradoiros van dirixidos a:
- Traballar aspectos cognitivos (orientación temporo-espacial, memoria, linguaxe,…)
- Traballar aspectos funcionais (actividades básicas da vida diaria, motricidade, …)
- Proporcionar apoio emocional aos familiares dos asistentes aos obradoiros
- Procurar para os familiares un tempo de descanso con actividades lúdicas
- Dotar de coñecementos prácticos aos familiares en relación á atención e coidados dos enfermos con demencia.
Proxecto sábados dinámicos (Lecer de fin de semana para persoas con discapacidade) - Ano 2011
O proxecto que aquí presentamos consiste nunha experiencia para a creación dun servizo especializado que se desenvolverá durante algúns sábados ao longo do ano. Este proxecto de ocio vai dirixido ás persoas con discapacidade e necesidade de apoios intermitentes e persoas con mobilidade reducida.
