Escudo Concello de Vigo

Participación cidadá

Centro Municipal de Coruxo

Centro Municipal de Coruxo

  • Dirección: Avenida Ricardo Mella 296, 36331 Vigo.
  • Teléfono: 986 491 190
  • Fax: 986 491 190
  • E-mail: camcoruxo@vigo.org
  • Web: http://asociacions.vigo.org
  • Horario: de luns a venres de 9:30 a 13:00, e de 16:30 a 20:00 horas. Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Centro inaugurado no mes de abril de 2003.

Destaca deste Centro: a Biblioteca, a potenciación da lectura entre os máis novos e o uso do aula de internet como complemento formativo, con moi boa acollida en todas as idades, pois é a única que hai na parroquia.

Oficina Municipal de Distrito:  integrada no propio Centro Municipal, punto de información xeral para todos os veciños e veciñas, especialmente de Coruxo e arredores.

Centro Municipal de Internet (CMI):

  • Acceso a internet por banda ancha.
  • Computadores de uso libre e gratuíto para conectarse a internet (máximo unha hora ao día).
  • Conexión inalámbrica. (WIFI) gratuíta
  • Impresora láser, escáner e gravadora.
  • É necesario facerse un carné:
    • Presentar DNI e unha fotografía.
    • Válido para todos os Centros Municipais: préstamo de libros e CMI
    • É gratuíto e non necesita renovación.
  • Normativa: normas para facilitar o correcto funcionamento dos CMI.

Biblioteca:

  • Máis de 800 exemplares, adquiridos polo concello e cedidos por Fundacións e particulares.
  • Servizo de préstamo de libros e material audiovisual.
  • Libros de consulta, prensa, revistas, dicionarios e enciclopedias, literatura variada.
  • É necesario un carné de socio, válido para o uso do aula de internet.
  • Normativa: normas de funcionamento da biblioteca e servizo de préstamo domiciliario.