Escudo Concello de Vigo

Montes, parques e xardíns

Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia obriga ás persoas responsables a xestionar a biomasa forestal nos terreos incluídos na rede de faixas.

Isto supón que, con carácter xeral, nas parcelas incluídas nas faixas non poderá haber árbores das seguintes especies: piñeiro, mimosa, acacia, eucalipto, xesta, fento, silva, toxo... Pode consultar o listado completo de especies.