Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Unidades de traballo social

As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.

Nelas valóranse as necesidades expostas, orientase aos recursos máis axeitados, intervindo profesionalmente cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:

  • Información , valoración, diagnóstico e orientación á poboación no que respecta aos seus dereitos, recursos e intervencións sociais que lles poidan corresponder.
  • Proporcionando o Servizo de Axuda no Fogar, aloxamento alternativo, prestacións económicas e de emerxencia social.
  • Realizando actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.

Onde estamos:

O Concello de Vigo dispón de cinco Centros Municipais de Servizos Sociais (CMSS), nos que se agrupan as dezasete UTS:

CMSS Concello

UTS: Sur

CMSS Princesa

UTS: Casco Vello, O Castro, Centro, Areal e Independencia.

  • Enderezo: Praza da Princesa nº 7, baixo.
  • Teléfono: 986 438 492
  • Fax: 986 433 194
  • e-mail: ofi.cascovello@vigo.org
CMSS Coia

UTS: Castrelos, Coia, Litoral, Balaídos-Comesaña e Industria.

  • Enderezo: Rúa Quintela nº 31, baixo.
  • Teléfono: 986 298 118
  • Fax: 986 244 672
  • e-mail: ofi.coia@vigo.org
CMSS Rivera Atienza

UTS: Cabral-Candeán, Calvario, Lavadores e Rivera Atienza.

  • Enderezo: Avenida E. Martínez Garrido nº 21, interior.
  • Teléfonos: 986 280 301 e 986 264 216
  • Fax: 986 274 772
  • e-mail: ofi.mgarrido@vigo.org
CMSS Teis

UTS: Teis e Travesía.

  • Enderezo: Rúa Doutor Corbal nº 21, baixo.
  • Teléfono: 986 273 606
  • Fax: 986 251 599
  • e-mail: ofi.teis@vigo.org

Onde acudir:

Para solicitar cita previa na UTS, as persoas deben dirixirse á que lle corresponda segundo o seu enderezo, utilizando o buscador ou consultando as Unidades de Traballo Social no Rueiro.