Escudo Concello de Vigo

Organización Municipal

Retribucións

Os membros das Corporacións Locais poden percibir retribucións polo exercicio dos seus cargos cando os desenvolvan con dedicación exclusiva ou parcial, debe ser o Concello-Pleno, segundo o artigo 75.5 e 123.1.n, da Lei reguladora das bases do réxime local, quen adopte o acordo no que se determine as retribucións e réxime de dedicación dos cargos.

O Concello de Vigo na súa sesión extraordinaria do Pleno de data 29/06/15, estableceu os réximes de de dedicación e retribucións anuais dos seus concelleiros e concelleiras, puntualizando que as retribucións por dedicación exclusiva serán incompatibles con outras con cargo aos orzamentos das Administracións Públicas e dos seus organismos dependentes e co desenvolvemento doutras actividades (Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas).

Os membros da Corporación do Concello de Vigo que non teñan dedicación exclusiva ou parcial, percibiran indemnizacións por asistencia aos órganos colexiados da Corporación. En ningún caso a cantidade máxima que mensualmente perciban poderá superar á que mensualmente corresponden aos cargos con réxime de dedicación parcial de 19 horas.

Pode consultar as retribucións dos grupos municipais no seguiente enlace do Portal de Transparencia