Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Minorías étnicas e inmigrantes

Enderezo: Rúa Martínez Garrido 21 interior. 36205 Vigo.
Teléfono: 986 442 356.
Email: ofi.inmigracion@vigo.org
Horario: de 9 a 14 horas de luns a venres.

Incídese na necesidade de escolarización, promoción e integración, desenvólvense programas de inserción sociolaboral, de promoción da saúde e colabórase con entidades que traballen con estes colectivos.

Oficina municipal de información a inmigrantes e emigrantes retornados.

Nesta oficina aténdense os casos de información no proceso de regularización, reagrupamentos familiares así como todo tipo de prestacións e empleo para emigrantes retornados.

Regulamento do Consello Municipal das Migracións

O día 4 de setembro de 2008 o Pleno do Concello aprobou:

  1. Crear o Consello Municipal das Migracións do Concello de Vigo (CSM) como órgano colexiado permanente de participación social nesta materia, que terá carácter consultivo e asesor e funcións de informe e, no seu caso, proposta, en todas as cuestións referentes ás súas competencias.
  2. Aprobar inicialmente o seu Regulamento de Organización e Funcionamento, abrindo un período de información pública polo prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións.
  3. Declarar que, consonte co establecido -por analoxía- no artigo 49.c da LRBRL (L.7/1985), de non se presentar ningunha reclamación ou suxestión, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, debendo publicarse o texto íntegro do Regulamento no BOP; entrando en vigor ós quince (15) días da súa publicación completa».

Folletos informativos