- Inicio
- Servizos cidade
- Laboratorio Municipal
- Fontes e mananciais
Laboratorio Municipal
Fontes e mananciais
O Laboratorio Municipal, dependente da Concellaría de Sanidade, Consumo e Medio Ambiente, realiza anualmente tres ou catro controis analíticos da auga dos manaciais das aproximadamente 350 fontes públicas catalogadas no Municipio. Que se teña constancia, este centro é o único de España que analiza a auga de un número tan elevado de fontes.
Segundo a lexislación vixente, RD 140/2003, considérase que un auga é "Non apta para consumo humano" cando algún dos parametros analizados supera ou incumple os valores lexislados. Asemade sinala que as augas de consumo humano deberanse desinfectar, xa que o feito de dispor dun baixo nivel de desinfectante residual aporta unha Garantía Sanitaria. Polo tanto, a pesares dos controis analíticos anuais que o Laboratorio realiza a cada fonte, ainda que os resultados obtidos Cumplan coa lexislación vixente, isto non é dabondo para establecer unha garantia sanitaria nestas augas.
Análise de fontes
Mapa do último análise de fontes
Lendas:
- SG: Os resultados obtidos para os parámetros analizados Cumplen coa lexislación vixente. Auga Sen Garantía Sanitaria por non conter desinfectante residual.
- NA: Os resultados obtidos para os parámetros analizados Non Cumplen coa lexislación vixente. Auga Non apta para o consumo humano.
- SC: Sen calificar. Non se teñen resultados analíticos ou son insuficientes, (fontes secas, deterioradas, con mal acceso, etc).
