Escudo Concello de Vigo

Igualdade

Violencia de xénero

O obxectivo desta páxina é alertar ás mulleres que sofren malos tratos, darlles a posibilidade de saber cal é a súa situación, os servizos municipais á súa disposición, lugares de acollida e asesoramento específicos. Todo iso co fin de animalas a denunciar e axudalas a saír desa situación: romper co ciclo da violencia e recuperar as rendas e o control da súa vida.

Campaña Municipal contra a Violencia de Xénero - Iniciativa municipal, promovida desde a Concellaría de Igualdade coa que se pretende recordar e concienciar á cidadanía de que a erradicación deste grave problema social, pasa pola implicación de todas e todos a través da denuncia dos casos que coñecen.

Definición de Violencia- Definicións de violencia contra a muller, de Nacións Unidas, violencia de xénero e de malos tratos no ámbito doméstico.

Tipos de Violencia- Descrición dos tipos de violencia, para axudar a recoñecelos e tomar conciencia: se se dan algúns destes comportamentos na túa relación de parella, estás vivindo unha relación violenta.

Ciclo da Violencia- Fases das agresións violentas, comportamentos típicos do agresor e reflexión como primeiro paso de rexeitamento e denuncia das situacións violentas.

Recomendacións ante agresións- Recomendacións, pautas e consellos prácticos, para actuar desde o mesmo momento en que se produce a agresión.

Sair da Violencia- É posible saír das situacións de violencia, coñece o que debes saber para actuar e liberarche, así como os beneficios para ti e para a túa vida que terás rompendo coa situación de malos tratos.

Dereitos das mulleres vítimas da Violencia de Xénero- Relación de medias legais e dereitos, tanto municipais, como autonómicas e nacionais ás que se poden acoller as mulleres vítimas da Violencia de Xénero.

Onde acudir: Recursos e Servizos- Guía Rápida de direccións e teléfonos, cos servizos e recursos dispoñibles, para saber onde acudir ou chamar ante situacións de Urxencia.