Escudo Concello de Vigo

Tráfico e Transportes

Noticias de tráfico e seguridade

Lista de noticias

Noticias

07/12/2018. O éxito do Nadal Bus permite ampliar o servizo durante as fins de semana

Haberá dúas saídas máis ás 22:00 e 23:00 horas todos os venres e sábados. O Concello de Vigo mantén os percorridos das 18:30, 19:30 e 20:30 horas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

30/11/2018. Caballero anuncia que Air Nostrum ofertará no verán oito destinos desde o aeroporto de Vigo

O alcalde de Vigo celebrou este venres as novas rutas da compañía aérea Air Nostrum para o vindeiro verán. "Esta é a proba de que o aeroporto de Vigo funciona pese a algúns", sinalou Abel Caballero. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

28/11/2018. O alcalde entrega exemplares de "Adiós María" de Xohana Torres nos autobuses urbanos

Foto noticia
Esta é a primeira acción da campaña de promoción lectora que promove o Concello xunto coa Editorial Galaxia e Vitrasa para promover o galego entre as persoas usuarias do transporte público urbano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

22/11/2018. O Concello amplía o servizo das liñas C1 e C2 para facilitar a mobilidade no Black Friday

O alcalde explicou que mañá venres, co fin de favorecer os desprazamentos no centro da cidade con motivo do Black Friday, a liña de autobús urbano C1 amplía o seu horario realizando a última saída ás 23:30 horas e incrementa a súa frecuencia pasando cada cinco minutos, mentres a liña C2 fará a última saída ás 23:20 horas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

21/11/2018. O Concello de Vigo establece plans de tráfico para facilitar a mobilidade dos peóns no Nadal

Foto noticia
O alcalde de Vigo avanzou este mércores as medidas de tráfico que vai tomar o Concello o día do acendido da iluminación navideña e o resto do Nadal. Abel Caballero advertiu de que as previsións meteorolóxicas aínda poden obrigar a modificar a data de acendido. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

19/11/2018. Vigo conta con 160 quilómetros de fibra óptica para o control da rede semafórica

Foto noticia
O alcalde visitou este luns as instalacións da empresa Esycsa que se encarga do funcionamento e mantemento da rede semafórica viguesa, onde eloxiou a "excepcional" tecnoloxía que empregan. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

16/11/2018. Vigo recibe un Premio Menina polo traballo da Policía Local en contra da violencia de xénero

A Policía Local controla unha media mensual de 170 ordes de afastamento de mulleres vítimas de violencia de xénero, unha das accións que desenvolve a unidade da EVAP que fixo ao Concello merecedor dun novo Premio Menina. Trátase da terceira distinción que recibe o Concello pola súa labor na loita contra a violencia machista. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

07/11/2018. Policía e Bombeiros interveñen en 70 incidencias provocadas polo temporal de vento e choiva

Foto noticia
O temporal de vento e choiva deixou un total de 70 incidencias en Vigo durante as últimas horas. Bombeiros e Policía interviñeron sen que se rexistrase ningún dano persoal. A maioría das actuacións foron debido a inundacións e ramas de árbores caídas na calzada. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

30/10/2018. O Concello activa o servizo especial de autobuses para a festividade de Todos os Santos

Un servizo especial de transporte urbano porase en marcha este xoves 1 de novembro para facilitar o desprazamento de pasaxeiros ata os cemiterios da cidade. Ademais, as liñas regulares máis demandadas disporán dun servizo de ampliación de frecuencia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

25/10/2018. Moovit, a app líder de transporte público, xa está disponible en Vigo

Foto noticia
O alcalde presentou esta mañá unha aplicación que xa funciona en Vigo e que calcula a mellor ruta para desprazarse en transporte público. Cualificou de moi importante un avance que facilita coñecer a chegada a paradas en tempo real. Moovit é gratuíta e está dispoñible en Android, iOS e Web. (Ver noticia en xornal.vigo.org)