Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Asesoramento a Emprendedores e PEMES: VigoEmprende

Que é VigoEmprende?

Servizo de información e asesoramento a emprendedores/as e pequenas e medianas empresas (PEMES) do Concello de Vigo, co obxectivo de promover o emprego de acordo co previsto na estratexia "DUSI VIGO VERTICAL".

En liña coas metas de promoción do emprego formuladas na estratexia DUSI Vigo Vertical, o Programa VigoEmprende consiste nun servizo aberto e gratuíto de información, asesoramento, formación e apoio para todas aquelas persoas, empresas e organizacións que desexen acelerar e consolidar proxectos de emprendemento.

O servizo axústase ás diferentes necesidades que os/as emprendedores/as e empresarios/as precisen, independentemente do estado de desenvolvemento da idea ou do proxecto e do sector de actividade.

Que ofrece o servizo?

Asesoramento xeral: poderás resolver dúbidas puntuais sobre constitución de empresas, lexislación, recursos dispoñibles,...

Titorización individualizada: terás a túa disposición un/ha titor/a que che guiará e apoiará no desenvolvemento do teu Plan de negocio

Talleres formativos: talleres dinámicos e prácticos de diferentes temáticas

Onde podes atoparnos?

Centro Municipal de Emprego (CME)

  • Rúa Oporto, 1
  • Luns a Xoves: 9:30 - 14:00 e 16:00 - 20:00.
  • Venres: 9:30 - 15:00.

Centro de Iniciativas de emprego (CIE)

  • Rúa Arquitecto Pérez Bellas, 9 - Soto
  • Luns a Xoves: 9:00 - 14:30 e 15:00 - 18:00.
  • Venres: 9:00 - 15:00.

Como podes contactar con nós?

Tamén podes atoparnos nas redes sociais