Parques e sendeirismo

Noticias

Charlas no auditorio de Vigozoo

10 outubro (xoves): Compostaxe: métodos e trucos para horta, xardín e balcón.

17 outubro (xoves): Nocións básicas para interpretar os parques botánicos do noso entorno.

24 outubro (xoves): Abonos e produtos fitosanitarios caseiros: remedios de forma ecolóxica.

26 outubro (sábado): A mellor colleita e como conservala: momento óptimo de cada cultivo.

7 novembro (xoves): De camas elevadas e cultivos mixtos: distintas formas de cultivar a horta.

9 novembro (sábado): Poda de árbores frutais: técnicas para facelo ben.

  • Horario: 10:30-12:00 (sábados) ou 18:00-19:30 (xoves)
  • Lugar: Vigozoo.
  • Destinatarios: maiores de idade.
  • Grupo: Charlas dos xoves: ata 50 persoas. Charlas dos sábados: ata 25 persoas (con práctica asociada)
  • Inscrición:  010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00

Cursos de hortas urbanas

Cursos de 1º nivel

  • 5 outubro (sábado): quenda 1
  • 10 outubro (xoves): quenda 2
  • Horario: 10:00 -13:00 (sábados) ou 16:30 - 20:00 (xoves)
  • Lugar: Vigozoo.
  • Destinatarios: maiores de idade.
  • Grupo: ata 50 persoas
  • Inscrición:  010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
  • Achega: 5 euros, a pagar no momento de entrada en Vigozoo.
  • Nota: a realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola

Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental

5 outubro (sábado)

  • Horario: 10:00 -13:00
  • Lugar: Vigozoo.
  • Destinatarios: maiores de idade.
  • Grupo: ata 50 persoas
  • Inscrición:  010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
  • Gratuíto.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100