Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Participación

Existen consellos de servicios sociais, de maiores e asesores da infancia. Creouse un Gabinete técnico de accesibilidade e foméntase a colaboración con iniciativas de voluntariado e con entidades públicas e privadas para o desenvolvemento de actividades e programas, ademais de ofrecer subvencións a asociacións de interese social.

PROGRAMA REDEss

Descrición: Estrutura organizativa municipal para a coordinación da actividade no ámbito da exclusión social severa. Actividades de coordinación, cooperación e colaboración entre os recursos municipais e os doutras entidades que actúan neste ámbito.

CONSELLO MUNICIPAL DE COOPERACION INTERNACIONAL E SOLIDARIEDADE

O Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade e un órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ambito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos. O seu regulamento foi aprobado o 27 de xullo de 1994 polo Pleno da Corporación municipal e modificado o 29 de setembro de 2008.

O Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade do Concello de Vigo (CMCS) está formado por os seguintes órganos: Pleno, Presidencia, Vicepresidencia e Secretaria.

A Presidenta na actualidade e a Concelleira de Política e Benestar Social Dona Isaura Abelairas Rodríguez  e forman parte do mesmos as seguintes organizacións:

  • Asociación Amigos Amigos da Terra Galicia-Xuventude
  • Asociación Amigos Escaes-Perú.
  • Asociación de Promoción,atención as persoas en risco de exclusión social “Inclusión”.
  • Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
  • Jóvenes y Desarrollo.
  • Asociación pro-dereitos da infancia ADDIS Galicia.
  • Comité Oscar Romero.
  • Educación Sin Fronteras.
  • Fundación Balms para la infancia.
  • Fundación Entreculturas “Fé y Alegría”.
  • Fundación Internacional de Solidaridad Compañía de María.
  • Fundación de ayuda a la infancia.
  • Intermón - Oxfam.
  • Médicos del Mundo.
  • Subdirección de Cooperación Exterior. Dirección Xeral de Relacións exteriores e coa Unión Europea.
  • Universidade de Vigo.
  • Delegación do Goberno.
  • Federación Veciñal “Eduardo Chao”.
  • CIG.
  • UXT.
  • CCOO.
  • PSG.
  • PP-Grupo Municipal Popular.
  • BNG.

Na actualidade funciona unha comisión de sensibilización.

Actividades realizadas durante o ano 2010:

  • Actividades de sensibilización realizadas directamente pola Consellería de Benestar Social.
  • Celebración do día do Cooperante o día 8 de setembro ,con lectura no Pleno do Concello dunha Declaración Institucional, cuñas radiofónicas e difusión na web do Concello.
  • Día Internacional da erradicación da pobreza o 17 de outubro con participación na divulgación dos Obxetivos do Milenio con Declaración Institucional,carta informativa a todos os funcionarios do Concellorolda de prensa e campaña “Fai Ruido” .
  • Programas de desenrolo local en Mozambique e Cabo Verde a través do Fondo Galego de Cooperación Internacional.

Actividades realizadas no ano 2010 a través da Comisión de Sensibilización do Consello:

Actividades realizadas no ano 2011 a través da Comisión de Sensibilización do Consello:

Actividades realizadas no ano 2012 a través da Comisión de Sensibilización do Consello

IMPÓRTANOS!

Campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade” para o curso 2012/2013 que ten como obxectivo promover a reflexión acerca das relacións de interdependencia Norte-Sur e o paradigma de cidadanía global.

Tratamos de poñer en valor a conexión entre o global e o local tanto desde un punto de vista relacionado co desenvolvemento humano e a loita contra a pobreza (dereitos humanos, democracia, sociedade civil global, empoderamento, xustiza global) como en relación á transformación da sociedade galega a través da participación (escolas solidarias, promoción do voluntariado) fomentando un modelo de cidadanía global que vincule a construción dunha cidadanía comprometida no local pero cun horizonte cosmopolita e global.

http://www.importanos.org

Impórtanos!. 2013

Sensibilización e incidencia política en torno á cooperación ao desenvolvemento en tempos decrise

En continuidade co que se realizou o ano pasado, 2012, este novo ano constátase que a crise económica que estamos a vivir afecta de xeito desigual á poboación, prexudicando de forma máis severa aos colectivos sociais con menos recursos. Do mesmo modo, son os países empobrecidos os que sofren especialmente as causas desta crise en maior medida.

Unha análise en profundidade da situación na que nos encontramos e das políticas de austeridade e recortes que se están a tomar en materia de cooperación no primeiro mundo, axudará a comprender cales son os efectos que teñen nosas accións nos países empobrecidos e como contribúen a seguir aumentando as desigualdades no planeta, xerando unha sociedade cada vez máis inxusta e insolidaria.

Este proxecto trata de sensibilizar a poboación viguesa sobre a necesidade e importancia de manter a axuda ao desenvolvemento e informar acerca das repercusións positivas da cooperación nas poboacións empobrecidas ou socialmente excluídas, promovendo a reflexión e convertendo aos cidadáns e cidadás de Vigo en protagonistas destes espazos de promoción social, contribuíndo, así, a construír un planeta máis xusto e solidario para todos e todas.

Liñas de actuación:

  1. Educación para o desenvolvemento: achegando o traballo en Cooperación á cidadanía, xerando
  2. conciencia cidadá e educando para a Solidariedade.
  3. Formación: xerando coñecemento e debate público sobre modelos de cooperación, recortes e
  4. perspectivas de futuro.
  5. Incidencia e Mobilización social: mobilizando á cidadanía na loita contra a pobreza.
  6. Fortalecemento do terceiro sector vigués, a través de formación e difusión do traballo das ONGD.

Destinatarios:

Este proxecto, ao igual que se formulou o ano pasado, vai dirixido á sociedade viguesa en xeral. Non obstante, fíxanse os seguintes segmentos de poboación prioritarios:

  1. Membros das comunidades educativas formais en todos os seus niveis educativos: docentes, equipos directivos, alumnado.
  2. Comunidade universitaria.
  3. Colectivos sociais.
  4. Partidos políticos, axentes sociais e actores da cooperación galega interesados ou comprometidos na loita contra a pobreza ou que teñan responsabilidades políticas e/ou técnicas na cooperación para o desenvolvemento.
  5. Persoal voluntario e profesional das ONGD integrantes do Consello Municipal de Cooperación.
  6. Profesionais dos medios de comunicación interesados en colaborar na difusión das actividades e mensaxes do proxecto de sensibilización.

Obxetivos e resultados

Obxetivo específico

Sensibilizar á sociedade viguesa acerca da realidade do mundo menos desenvolvido e da importancia da cooperación ao desenvolvemento, mantendo políticas que xeren repercusión social positiva directa nas poboacións máis empobrecidas ou socialmente excluídas do Planeta.

Este ano ademais este obxectivo continuísta, respecto do ofrecido o ano anterior, quere desenvolverse a través de dous ámbitos:

  1. Actividades de sensibilización en centros e institucións educativas, como o pasado ano.
  2. Identificación dun proxecto piloto en Vigo de Educación para o Desenvolvemento, que inclúe a realización dun diagnóstico focalizado nun barrio da cidade, e o deseño dunha estratexia de intervención.

Esta levaríase a cabo ao longo do ano 2014.

Resultados

  1. Sensibilizar aos diferentes colectivos que forman parte da sociedade viguesa (Centros educativos, A.A.V.V., asociacións e centros culturais, Universidade, ANPAS...) para o exercicio dunha cidadanía global comprometida coa xustiza e a solidariedade, a erradicación da pobreza e a promoción do desenvolvemento humano e o exercicio pleno dos dereitos.
  2. Suscitar na poboación unha reflexión e análise crítica sobre as políticas de cooperación e a conveniencia e consecuencias dos recortes.
  3. Promover a mobilización da cidadanía, buscando a firma dun pacto contra a pobreza por parte de políticos, sindicatos asociacións... como medio de protesta ante situacións inxustas.
  4. Visibilizar e impulsar o traballo das entidades membros do Consello Municipal de Cooperación e do propio Consello, coa creación dunha axenda de actividades e estratexia de comunicación conxuntas.

Enfoques transversais

  • Loita contra a pobreza
  • Equidade de xénero
  • Defensa da sostibilidade ambiental
  • Respecto polos dereitos humanos
  • Defensa da interculturalidade

Actividades a desenvolver

  1. Difusión das exposicións e espectáculo do Fondo Galego de Cooperación
  2. Exposicións itinerantes en Centros educativos, comerciais e sociais.
  3. Ciclo de cine con centros educativos (Dende 1º ESO a 2º Bach).
  4. Apoio e difusión de actividades de Educación para a Solidariedade das entidades membros do Consello.
  5. Charlas temáticas de análise crítica da realidade.
  6. Cineforum no Cineclub Lumiere
  7. Actividades de formación abertas ao público (Universidade de Vigo)
  8. Actividades de publicidade en distintos medios. (Raio, Prensa, Autobuses...)
  9. Elaboración dun pacto local contra a pobreza e a súa firma por parte dos responsables políticos.
  10. Organización da manifestación Contra a Pobreza, en coordinación coa Coordinadora Galega de ONGDs e accións de rúa (xogos con nenos, mesas de información, concerto...)
  11. Creación de axendas comúns e banco de recursos compartidos entre as ONG membros do Consello.
  12. Actividades de formación de membros das ONGDs do Consello.

Previsión de conograma

Tendo como referencia o cronograma do ano 2012, quixeramos empezar a traballar neste proxecto a través do diagnóstico e deseño da estratexia de EpD nun barrio da cidade.

Paralelamente quixeramos chegar ao mes de setembro cunha programación da intervención (tanto das actividades de sensibilización, coma das de formación e incidencia) xa elaborada. Desta forma o mes de setembro dedicaríase principalmente a presentar nos centros educativos a nosa estratexia, apoiada nos materiais que xa temos editados e na Web e o Facebook de Impórtanos!.

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro levaríanse a cabo as devanditas actividades programadas, así como a memoria do ano en curso.

Nun escenario favorable o persoal estaría vinculado ao proxecto 7 meses, e non 6 como o ano pasado, o cal incrementaría un pouco a partida destinada a persoal (ata os 11.000 €; sempre como autónomo).

Mantense iso si unha dedicación media de 30 h/mes, cunha dedicación heteroxénea por meses

(Preséntanse dúas propostas).

Mes do ano 2013 Proxecto Impórtanos 2013 Proxecto Impórtanos 2013
xuño 30 20
xullo 20 20
agosto 20 20
setembro 40 30
outubro 40 40
novembro 40 40
decembro 40 40
Total 210 210
Num. meses 7 7
Promedio h/mes 30 30

COOPERACIÓN DO CONCELLO DE VIGO A TRAVÉS DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN INTERNACIONA E SOLIDARIEDADE.

O Concello de Vigo é membro do Fondo Galego de Cooperación Internacional e Solidariedade dende o ano 1998, sendo nesta lexislatura a Concelleira de Política de Benestar,Dona Isaura Abelairas Rodriguez vicepresidenta deste organismo.

Ano 2013

No ano 2013 firmáronse dous convenios co Fondo Galego de Cooperación Internacional e Solidariedade:

Fondo galego. 15 anos de proxectos

Memoria 2011.Un tempo novo

No ano 2011 firmáronse dous convenios co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade :

  • 1.-“MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE E SALUBRIDADE DE 11 FAMILIAS COROTEGAS” de Totogalpa, Madriz, Nicaragua. Con un importe total do proxecto de 82.243 euros e que o Concello subvencionou con 47,721,60 €.
  • youtube.
  • No ano 2012 firmouse un convenio co Fondo Galego de Cooperación Internacional e Solidariedade
  • "MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE E SALUBRIDADE DE 10 FAMILIAS CHOROTEGAS DE TOTOGALPA,MADRIZ (NICARAGUA.IV fase)"