Escudo Concello de Vigo

Igualdade

Coeducación

Guía de corresponsabilidade: ¡Rebélate estás na idade!

Logo

Un total de 12.000 exemplares da Guía de corresponsabilidade:¡Rebélate estás na idade! estanse distribuíndo entre o alumnado de educación secundaria da cidade.

Os seus contidos mostran aos mozos e as mozas, as desigualdades existentes entre homes e mulleres á hora de repartir as tarefas do fogar, animándolles a implicarse na súa resolución e a asumir responsabilidades nas súas propias casas

Descarga a Guía (PDF)

Xogo Planeta Igualdade

O xogo coeducativo "Planeta Igualdade" nace a partir do desenvolvemento do programa da Concellaría de Igualdade "Camiña connosco pola igualdade".

O seu obxectivo principal é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa, así como promover a coeducación para previr a violencia de xénero.

Participaron nesta iniciativa realizada no curso 2005-2006 un total de 20 centros educativos e 1.750 alumnos e alumnas.

A maioría das caixiñas do taboleiro inclúen reproducións de debuxos e collages feitos por alumnos e alumnas de 6º de Primaria dos centros: Chans Bembrive, A Doblada, Escultor Acuña, Fonte Escura, Javier Sensat, Otero Pedraio e Santa Mariña.

O enlace do Xogo "Planeta Igualdade" permite:

  • Visualizar o Libro con ilustracións e regras de xogo
  • Xogar
  • Descargalo