- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Xuventude
- Salas de uso público
- Sala de xuntanzas
Xuventude
Sala de xuntanzas
Espazos pensados para a realización de actividades diversas, para calquera colectivo ou persoa interesada, con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos, preferentemente do Municipio de Vigo.
As salas pódense solicitar para unha sesión ou varias, pero non de xeito permanente. Débese cubrir o formulario de solicitude correspondente, que atoparás na sección Trámites e facelo chegar ao lugar correspondente. Recibirás resposta nun máximo de 48 horas desde a recepción da solicitude.
Sala de Xuntanzas da Casa da Xuventude
- Horario: de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas.
- Contacto: Casa da Xuventude
- Solicitude: Consulta o trámite na Oficina Virtual
- Superficie total de 70 m2
- Situada no segundo andar da Casa da Xuventude.
- Acceso para persoas con problemas de mobilidade ata o primeiro andar.
- Mobiliario básico para reunións de colectivos, charlas, formación, cursos, proxeccións: 30 cadeiras con apoio para tomar notas, superficie para proxeccións, proxector dixital.
- Carta de servizos da Sala de Xuntanzas da Casa da Xuventude.
Sala de Xuntanzas de Punto Xove
- Horario: mércores e venres de 9:30 a 12:00 horas; luns e mércores de 17:00 a 20:00 horas.
- Contacto: Punto Xove
- Solicitude: Consulta o trámite na Oficina Virtual
- Superficie Versátil de 75 m2
- Espazo e mobiliario apropiado para entidades e particulares interesados en realizar reunións, cursos, xornadas, traballos en grupo, charlas, proxeccións e outras actividades: mesas e cadeiras (20 postos), espazo para proxeccións e proxector dixital, posibilidade de uso de recursos multimedia en función da actividade.
- Situada no segundo andar do Punto Xove.
- Acceso para persoas discapacitadas.
Sala Multiusos de Vigosónico
- Horario: de martes a domingo de 16 a 22 horas.
- Contacto: Vigosónico
- Superficie versátil: 117 m2
- Equipamento e Mobiliario: 60 cadeiras, escenario, proxector, pantalla (12 m2), mesa, pizarra, etc.
