Escudo Concello de Vigo

Xerencia Municipal de Urbanismo

Inspección Técnica de Edificacións - Informe de Avaliación dos Edificios

Servizo de Inspección Técnica de Edificacións

  • Enderezo: Xerencia Municipal de Urbanismo. Praza do Rei, s/n. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 330
  • Web: www.vigo.org/ite
  • Atención telefónica e solicitude de cita : martes de 10:00 a 13:00 h.
  • Atención presencial: con cita previa, venres 9:30 a 13:30 h.

Aviso importante

Desde a entrada en vigor, o día 19 de marzo de 2016, da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, requírese a presentación do novo Informe de Avaliación dos Edificios (IAE), segundo o establecido no Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana.

O Servizo de Inspección Técnica de Edificacións da Xerencia Municipal de Urbanismo ten como misión fundamental a verificación do cumprimento das obrigas e determinacións reguladas na Ordenanza municipal reguladora da inspección técnica de edificacións (ITE) deste Concello (AD: 27.09.10 – BOP nº 221: 17.11.10) e o control, supervisión e tramitación do novo Informe de Avaliación do Edificio contido no Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana (BOE núm. 261, do 31 de outubro de 2015).

Persoas obrigadas

Teñen a obriga de presentar o Informe de avaliación dos edificios todos os propietarios e propietarias: persoas físicas ou xurídicas titulares de inmobles de tipoloxía residencial colectiva (aqueles que conteñan máis dunha vivenda, sen prexuízo de que poidan conter, de maneira simultánea, outros usos distintos do residencial. Con carácter asimilado enténdense incluídos nesta tipoloxía os hoteis e as residencias).

Contido do Informe de Avaliación de Edificios (IAE) - Formularios

O informe presentarase nos Rexistros da Xerencia Municipal de Urbanismo, ou nas formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En tanto non se aprobe o Decreto polo que se regule o informe de avaliación dos edificios na Comunidade Autónoma de Galicia e se cree o Rexistro galego de informe de avaliación dos edificios (REGIAE), o informe deberá ser realizado desde o seguinte enlace web do Ministerio de Fomento:

  • https://iee.fomento.gob.es no cal, así mesmo, pode obterse máis información sobre o IAE. Contido a cubrir:
    • Fichas xurídicas e técnicas da edificación
    • Parte I – Avaliación do estado de conservación do edificio
    • Parte II – Avaliación das condicións básicas de accesibilidade universal
    • Parte III – Certificado de eficiencia enerxética

Cando se presentará o Informe de Avaliación dos Edificios (IAE)?

No ano 2017 deberán presentar o Informe de Avaliación dos Edificios as edificacións de uso residencial colectivo construídas ata 1919 que presentaron con anterioridade o informe de ITE (correspondente ao ano 2006) e as de máis de 50 anos que non presentaron o dito informe.

No ano 2018 deberán presentar o Informe de Avaliación dos Edificios as edificacións de uso residencial colectivo construídas entre os anos 1920 e 1938, ámbolos dous incluídos, que presentaron con anterioridade o informe de ITE (correspondente ao ano 2007) e as construídas no ano 1968 (máis de 50 anos) que non presentaron o dito informe.

No caso de detectarse algún erro na listaxe anterior (inmobles incluídos incorrectamente ou non incluídos por omisión) a propiedade deberá comunicalo ao Servizo de ITE para a súa emenda.

Se o inmoble aparece na listaxe e a súa tipoloxía non fose a residencial de vivenda colectiva (edificación de máis dunha vivenda, hotel ou residencia) presentarase no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo unha declaración responsable de que a súa tipoloxía é a residencial de vivenda unifamiliar (unha única vivenda) ou non é a residencial, sen prexuízo da oportuna comprobación municipal.

Documentos de informes desfavorables de ITE-IAE

Se o resultado da inspección fora desfavorable, a propiedade deberá solicitar e obter licenza municipal e, no seu caso, as oportunas autorizaciones sectoriales para a subsanación de deficiencias. O prazo para presentar a solicitude de licenza será de dous meses. Se do informe resultase a necesidade de acometer medidas inmediatas de seguridade (apeos, apontoamento, valados, retiradas de elementos por risco de caída á vía pública, etc...) por perigo inminente, estas deberanse realizar coa maior urxencia.

A subsanación das deficiencias relativas á conservación do inmoble e, no seu caso, dos axustes razoables para satisfacer as condicións básicas de accesibilidade universal, indicadas no Informe de Avaliación, acreditarase co correspondente certificado de finalización de obras, emitido polo técnico competente e, no seu caso, visado polo correspondente Colexio Oficial.

Axudas para realizar o IAE

As subvencións do Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios tramítanse pola Xunta de Galicia, publicándose no DOG as bases reguladoras das subvencións e as súas correspondentes convocatorias.