Escudo Concello de Vigo

Voluntariado (OMV)

Formación

O programa de formación da OMV conten unha amplia gama de cursos e obradoiros plantexados para responder ás necesidades individuais das Entidades de Acción Voluntaria (EAV) e das persoas voluntarias.

Este programa inclúe:

  • Formación básica: cursos de iniciación ó voluntariado
  • Especializada-Específica: para o desenvolvemento de habilidades sociais e para accións nos distintos ámbitos do voluntariado: persoas discapacitadas, exclusión social, medioambente, inmigración, saúde,…
  • Básica e específica para Entidades de Acción Voluntaria (EAV): relativos á xestión de organizacións e fomentar o diálogo co tecido asociativo.

Programa de Formación

Dende a Concellería de Participación Cidadá, pómonos en contacto con vos para informarvos da nova convocatoria de actividades de formación que a Oficina Municipal de Voluntariado está a preparar este ano.

Desta volta propoñemos unha completa oferta con cursos de formación básica e específica, complementados con xuntanzas de coordinación.

Por unha banda, os cursos de iniciación ao voluntariado están pensados para que todas as persoas inscritas na OMV teñan unha idea clara dos seus dereitos e deberes como voluntarios, e coñezan as características desta labor solidaria, por outra banda os cursos de Habilidades e Ferramentas, Primeiros Auxilios, Voluntariado en Servizos Sociais e de Risoterápia e Relaxación están deseñados para aquelas persoas que xa comezaron á súa labor de voluntariado, e polo tanto para poder inscribirse, é preciso ter realizado o curso de iniciación ou acreditar ter recibido unha formación básica en voluntariado.

En calquera caso recomendase unha inscrición áxil posto que o número de prazas é limitado, e terán preferencia aquelas persoas que son voluntarias da OMV. Os cursos son totalmente gratuítos.

Inscrición:

Para inscribirse hai que cubrir a ficha que se anexa e entregala persoalmente na Oficina Municipal de Voluntariado ou remitila por correo á seguinte dirección: Concello de Vigo. Praza do Rei s/n, 36202, ou por Fax no 986 433 636. Para máis información preguntar na OMV, no teléfono 986 810 213 ou no mail ofi.voluntariado@vigo.org.