Escudo Concello de Vigo

Xuventude

Salas de informática e Internet

Coñece os recursos especialmente pensados para achegar e facilitar o acceso ás novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación á xuventude do municipio de Vigo.

Consulta e respecta as normas específicas de utilización en cada espazo: están expostas en cada sala. Non dubides en preguntar aos traballadores e traballadoras, as dúbidas que che xurdan: axudásenche no posible.

Agradecemos a colaboración e implicación na conservación destes espazos e os seus recursos.

Casa da Xuventude

  • Horario: de luns a venres de 9 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Sábados de 10:30 a 13:30 horas.
  • Recursos: equipos e impresora (levar os folios para imprimir)
    • Conexión WIFI
  • Características:
    • Sesións de 1 hora cos nosos equipos, sen límite para conexión WIFI.
    • Acceso a catálogos temáticos e webs de interese xuvenil, elaboración de documentos.
    • Equipos para conectarse a webs de interese xuvenil: directorio de internet a disposición das persoas interesadas.
    • Impresora para imprimir consultas e documentos (levar os folios para imprimir).
    • Envío e recepción de correo electrónico a través do correo web.
    • Espazo para navegar comodamente co teu portátil mediante conexión WIFI.
    • Acceso ao BIX (Boletín Informativo Xuvenil).
  • Normas do servizo de acceso gratuíto a internet

Punto Xove

  • Horario: de luns a venres de 17 a 21:30 horas.
  • Recursos: equipos con webcam e impresora (levar os folios para imprimir).
  • Características:
    • Sesións de 1 hora cos nosos equipos; sen límite para conexión wifi.
    • Navegación libre por internet, chats.
    • Elaboración de documentos e traballos.
    • Videoconferencias.

Vigosónico

  • Horario: de martes a domingo de 16 a 22 horas.
  • Recursos: equipos con impresora (levar os folios para imprimir). 4 dos equipos constan con programas específicos para música (edición de son, informática musical ...)
  • Características
    • Sesións de 1 hora cos nosos equipos; sen límite para conexión wifi.
    • Navegación libre por internet, chat ...
    • Elaboración de documentos e traballos.
    • Videoconferencias.