Escudo Concello de Vigo

Cultura

Casa Galega da Cultura

Enderezo: praza da Princesa, 2. 36202 Vigo
Teléfono: 986 226 459 e 986 220 922.
Fax: 986 229 081

Horario de Bibliotecas:

  • BIBLIOTECAS (Penzol, Fdez. Del Riego, Gabinete Ramón Piñeiro) .-
  • Horario xeral.-
  • De luns a venres.- De 9,00 a 14,00 h e de 17,00 a 20,00 h
  • Do 15 de xuño ao 15 de setembro.- As bibliotecas están pechadas en
  • horario de tarde.

Museo Francisco Fernández del Riego (1ª planta). -

  • Horario xeral, SEN exposicións na planta baixa. -
  • De luns a venres (laborables).- De 18,00 a 20,00 (hora de peche das
  • bibliotecas).
  • Do 15 de xuño ao 15 de setembro.- De 11,00 a 14,00 h. Laborables só de
  • mañá
  • Horario xeral, CON exposicións na planta baixa. -
  • O mesmo horario da sala de exposicións.

Horario de sala de exposicións e museo:

Sala de Exposicións

  • Horario xeral.-
  • De luns a venres.- De 18,00 a 21,00 h.
  • Sábados.- De 12,00 a 14,00 h e de 18,00 a 21,00 h.
  • Domingos e festivos.- De 12,00 a 14,00 h

O edificio provén da unión de dous, un de 1785 con fronte á praza da Constitución, que ocupaba a Casa Consistorial de Vigo e outro á praza da Princesa que en 1858 anexionou o arquitecto José María Ortíz. Dende esta data o inmoble é de propiedade municipal.

No ano 1978 o Concello trásladase á súa sede actual e o lugar convértese en Casa da Cultura e Biblioteca Pública.

En 1985 o Concello, conforme ao Convenio asinado coa Fundación Penzol, cede a esta os locais necesarios para instalar a súa biblioteca e os seus servizos.

No 1993 o edificio inicia unha reforma, na que se inclúe a anexión do edificio colindante con fronte á Porta do Sol. O 15 de xuño de 1995 inaugúrase co nome de Casa Galega da Cultura.

 Na actualidade é a sede da Fundación Penzol e da Bibloteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Conta ademais cunha sala de exposicións temporais e un salón de actos cun aforo de 66 persoas.