Deportes

Noticias Xornal

Lista de noticias

Noticias

2025-10-30. O alcalde demanda á Xunta e á Deputación 3 millóns para as obras de Balaídos cara ao Mundial 2030

Foto noticia
Abel Caballero instou hoxe á Xunta e á Deputación a habilitar nos seus orzamentos de 2026 senllas partidas de 1,5 millóns de euros para financiar un terzo da obra de ampliación de Balaídos para o Mundial do ano 2030. Explicou que nestes momentos está en marcha o cambio do colector, que require un investimento de preto de 5 millóns. "Quero ver nos orzamentos da Xunta e da Deputación unha partida de 1,5 millóns para pagar a obra que xa estamos a facer", afirmou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-30. O XI Torneo de Nadal de Fútbol abre inscricións o 31 de outubro

Foto noticia
A competición desenvolverase entre os días 26 e 28 de decembro en doce instalacións municipais. As inscricións deben realizarse a través da páxina web da Fundación VIDE. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-23. O alcalde dálle a benvida a Vigo ao OGC Nice

Foto noticia
Abel Caballero participou esta mañá no acto de recepción á directiva do OGC Nice organizado polo Celta, previo ao partido que enfrontará aos dous equipos esta noite no Estadio Municipal de Balaídos. "Este é o terceiro partido -do Celta- na Europa League e aspiramos a todo; a nosa aspiración non ten límite", afirmou o rexedor, poñendo en valor a figura de Iago Aspas, que esta noite xogará o seu partido número 534. Dándolle a benvida á cidade á directiva e aos afeccionados cualificou ao equipo como un "gran visitante" e amosou a súa satisfacción porque "esta noite vaiamos competir no mellor campo do mundo". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-23. Avanzan os traballos para a construción da futura bancada de Gol

Foto noticia
Abel Caballero informou que "seguimos a velocidade de cruceiro" e nestes intres realízase a unión dos pilotes e micropilotes mediante carrís de formigón xerando unha tea de araña. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-23. O orzamento de Deportes medra un 20% ata os 22.817.000 euros

Foto noticia
O alcalde detallou este xoves os presupostos para o ano 2026 da área de Deportes que ten unha "dedicación excepcional" no documento que acaba de ser aprobado pola Xunta de Goberno municipal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-14. O alcalde agradece a Eduardo Gamero o seu asesoramento xurídico na defensa de Vigo como sede do Mundial 2030

Foto noticia
Abel Caballero reuniuse esta mañá no Concello co avogado sevillano, ao que cualificou como "o maior experto xurídico en dereito deportivo de de toda España\". Ademais avanzou que "se a Federación non cumpre coa súa obrigación de repoñer a Vigo como sede, volveríamos recorrer a el para seguir a fondo todas as vías que sinale baixo a súa dirección xurídica" (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-08. A remodelación da cuberta da grada do campo de Bouzas arrancará o 13 de outubro

Foto noticia
A Concello dedicará máis de 765.000 euros á remodelación de varias cubertas de instalacións deportivas da cidade. O próximo luns comezarán os traballos de substitución da grada do campo de fútbol de Bouzas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-02. O alcalde dálle a benvida a Vigo á directiva do PAOK FC

Foto noticia
O alcalde participou esta mañá na recepción á directiva do PAOK FC, equipo grego que esta tarde se enfrontará ao Celta no primeiro partido en Balaídos logo da volta do conxunto vigués á Europa League. Caballero deulles a benvida á cidade aos representantes do club nun discurso no que avogou pola deportividade nunha cita futbolística da que "todo Vigo vai gozar moito". O acto tivo lugar na Sede do Celta da rúa Príncipe (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-01. Caballero propón á Xunta e á Deputación pagar a terzos a obra previa á ampliación de Tribuna

Foto noticia
O alcalde pretende que Xunta e Deputación se impliquen con Vigo como sede do Mundial 2030 financiando a terzos a ampliación do perímetro de Balaídos que permitirá, posteriormente, aumentar o aforo da grada de Tribuna. Estes traballos suporán un investimento de entre 3 e 5 millóns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-09-30. O Concello iniciará en outubro a renovación da cuberta da Pista Vermella das Travesas

Foto noticia
A renovación da cuberta da Pista Vermella comezará este mes de outubro cun orzamento de 250.000 euros. Os clubs que utilizan esta instalación xa teñen asignados outros espazos para desenvolver a súa actividade deportiva durante o período que duren as obras. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100