Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

CEDRO

CEDRO

Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo (CEDRO)

  • Enderezo: Rúa Pintor Colmeiro 9, 36211 Vigo.
  • Teléfono: 986 482 750
  • Fax: 986 483 019
  • Horario de atención ao público:
    • De luns a venres de 8:30 a 14 horas e de 15:30 a 20:30 horas.
    • Horario de verán: do 15 de xuño ao 15 de setembro, de 8:30 a 13:30 horas e de 15:30 a 19:30 horas.

A Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo (CEDRO) iniciou oficialmente o seu funcionamiento en marzo de 1985, cun equipo de profesionais que dende meses atras comezara a organizarse e a desenvolver xa unha labor asistencial dende dependencias do propio concello. O traslado a unhas instalacións específicas na rúa Uruguai supuxo o arranque formal da actividade do denominado Centro Preventivo e Asistencial de Drogodependencias (CEDRO). En 1990, un novo cambio de localización estableceu a etapa que desemboca no presente mediante a ocupación dun edificio na rua Pintor Colmeiro nº 9, construído especificamente para este tipo de servizo asistencial, con espazos suficentes e máis adoitados. Dende entón, o equipo e a actividade desenvolvida foron crecendo progresivamente ata alcanzar o volume mantido durante os últimos anos.

Sobre a situación actual, pode dicirse que CEDRO desenvolve unha activa e ampla labor no ámbito das drogodependencias, que abarca:

  • A prestación de programas de tratamento específicos para drogodependentes.
  • A coordinación con outras entidades, institucións e administracións para a asistencia de urxencias sociais e de procesos de incorporación social de drogodependentes.
  • A actividade sobre o medio para coñecer, motivar ao tratamento, e reducir o dano en colectivos de consumidores alleos á rede asistencial.
  • A participación en niveis de coordinación e organización no noso ámbito local (Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo) e autonómico (Plan de Galicia sobre Drogas).

A quen vai dirixido

A área de poboación cuberta comprende aos residentes empadroados nos concellos de Vigo, Nigran, Gondomar e Baiona.

No noso centro aténdese, gratuitamente e baixo cita previa, a demanda de tratamento de calquera patoloxía adictiva relacionada co uso de sustancias, salvo as exclusivamente alcohólicas.

A realización dos tratamentos é libre e voluntaria, salvo naqueles casos en que se demande un cumprimento alternativo de pena ou calquera outra modalidade mediada por sentenza xudicial firme, nos que as condicións de restrición de liberdade están determinadas polo xuíz. Os menores de idade requiren expresa autorización paterna ou do seu titor legal.